domingo, 19 de noviembre de 2023

 Moi boas, científicas e científicos!

 Na entrada de hoxe compartiremos con vós as investigacións dos rapaces e rapazas de Secundaria sobre o comportamento dos gases. Pero quedade tranquil@s, que ninguén se intoxicou😜; os gases cos que traballamos non son outros que os presentes no aire. 

Imos aprender unha chea de cousas moi interesantes! Tomade nota, que comezamos!


1. Observamos o VOLUME e a PRESIÓN 

Ao aumentar a presión, diminúe o volume, e viceversa.

(lei de Boyle-Marlotte)

Necesitaremos un funil, un globo e un recipiente con auga.


Como podedes observar, inicialmente, o globo está desinflado, pero...

Cando afundimos na auga o funil estamos facendo que o volume do aire diminúa e isto produce un aumento da presión, que é o que causa que o globo se infle lixeiramente. 

Velaquí a demostración!



2. Investigamos coa TEMPERATURA e o VOLUME 

Se aumentamos a temperatura, aumentamos o volume, e viceversa

(lei de Charles)

Desta vez necesitaremos un matraz aforado de 1l, auga quente e un globo.

1. Para comezar debemos quentar o aire dentro do noso matraz. Para iso quentamos un pouco de auga e vertémola dentro, axitando lixeiramente o matraz para que quezan as paredes do interior. 

Unha vez feito, derramamos a auga e encaixamos o globo no matraz como se observa na imaxe.


2. Ao cabo dun rato, o aire dentro do matraz terá arrefriado, polo que o seu volume será menor (menor temperatura, menor volume). Isto vai producir que o globo se infle cara o interior do matraz.



3. Experimentamos coa TEMPERATURA e a PRESIÓN (lei de 

Ao aumentar a temperatura, aumenta a presión.

(lei de Gay-Lussac)

Necesitaremos unha botella de plástico co seu tapón e auga moi quente.

Para quentar o aire dentro da botella procederemos igual ca no experimento anterior: vertemos dentro auga moi quente e baleirámola despois. A continuación pechamos a botella co tapón. Que observades?



O aire que queda dentro da botella vai perdendo temperatura, polo que a súa presión diminúe. Neste momento, a presión atmosférica fóra da botella é maior que a de dentro, e os seus efectos saltan á vista. Impresionante, non?



Para rematar... un truquiño de maxia! (perdón, de ciencia😉)

Este truquiño só o ides poder facer nun laboratorio, xa que os ingredientes e materiais non son precisamente os da lista da compra: azul de metileno, glucosa e hidróxido de sodio.

1. Para comezar, preparamos unha disolución de 0,6 g de glucosa en 25 mL de auga e outra de 1,0 g de hidróxido de sodio. Estas disolucións son incoloras.

2. Mesturamos as dúas disolucións nun matraz e engadimos unhas pingas de azul de metileno ata conseguir unha cor azul intensa.

3. Se pechamos o matraz, ao cabo duns segundos a solución vólvese transparente pola falta de osíxeno. Se queremos que recupere a cor escura soamente temos que retirar o tapón e axitar.

Este tipo de reaccións químicas coñécense como reaccións de oxidación-redución.





Na nosa seguinte entrada seguiremos a experimentar co aire e deixarémosvos tamén algunha actividade interesante coa auga. Non a perdades!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

XA ESTAMOS DE VOLTA...

Querid@s Crespocientífic@😃 Aquí estamos de volta para un novo curso cheo de experimentos e aventuras científicas! Este curso 2025-2026 empe...