O mes de NOVEMBRO adicámolo á elaboración de xabón caseiro. Comezamos coa elaboración de xabón de glicerina, pois é a receita máis rápida e sinxela.
Con este proxecto pretendemos concienciar ao noso alumnado da necesidade de REDUCIR OS ENVASES DE PLÁSTICO nas nosas rutinas diarias, e elaborar o noso propio xabón é unha maneira moi doada e entretida de facelo.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes da nosa experiencia resumida nuns cantos pasos. De seguro que ides querer probalo na casa!
- 1º paso: Fundir a glicerina
Nós escollemos facelo de nunha pota a lume baixo. Pódese fundir no microondas, pero é importante vixiar que non ferva. Por iso facelo na pota pareceunos a mellor opción.
1º e 2º de Primaria |
3º e 4º de Primaria |
- 2º paso: Engadir o aroma e a cor.
Para os aromas usamos aceites esenciais, que podedes conseguir nun herbolario.
Para a cor é mellor empregar colorantes específicos para xabóns. Se empregades colorantes alimentarios o voso xabón irá perdendo a cor co uso e pódevos pintar as mans.
A esencia en primeiro lugar (5º e 6º) |
E a cor a continuación (2º ESO) |
- 3º paso: Verter nos moldes.
Engade á glicerina unhas flores secas ou herbas aromáticas |
Prepara a túa propia caixiña de origami. Perfecto para regalar! |