Moi boas, científicas e científicos!
Na entrada de hoxe compartiremos con vós as investigacións dos rapaces e rapazas de Secundaria sobre o comportamento dos gases. Pero quedade tranquil@s, que ninguén se intoxicou😜; os gases cos que traballamos non son outros que os presentes no aire.
Imos aprender unha chea de cousas moi interesantes! Tomade nota, que comezamos!
1. Observamos o VOLUME e a PRESIÓN
Ao aumentar a presión, diminúe o volume, e viceversa.
(lei de Boyle-Marlotte)
Necesitaremos un funil, un globo e un recipiente con auga.
Cando afundimos na auga o funil estamos facendo que o volume do aire diminúa e isto produce un aumento da presión, que é o que causa que o globo se infle lixeiramente.
Velaquí a demostración!
2. Investigamos coa TEMPERATURA e o VOLUME
Se aumentamos a temperatura, aumentamos o volume, e viceversa
(lei de Charles)
Desta vez necesitaremos un matraz aforado de 1l, auga quente e un globo.
1. Para comezar debemos quentar o aire dentro do noso matraz. Para iso quentamos un pouco de auga e vertémola dentro, axitando lixeiramente o matraz para que quezan as paredes do interior.
Unha vez feito, derramamos a auga e encaixamos o globo no matraz como se observa na imaxe.
2. Ao cabo dun rato, o aire dentro do matraz terá arrefriado, polo que o seu volume será menor (menor temperatura, menor volume). Isto vai producir que o globo se infle cara o interior do matraz.
3. Experimentamos coa TEMPERATURA e a PRESIÓN (lei de
Ao aumentar a temperatura, aumenta a presión.
(lei de Gay-Lussac)
Necesitaremos unha botella de plástico co seu tapón e auga moi quente.
Para quentar o aire dentro da botella procederemos igual ca no experimento anterior: vertemos dentro auga moi quente e baleirámola despois. A continuación pechamos a botella co tapón. Que observades?