Boas, científicas e científicos!
Na entrada de hoxe resumirémosvos a actividade que fixemos o pasado mes de abril. Nela observamos os efectos da luz nas cores branca e negra.
Esta é unha actividade do máis sinxela que podedes facer nas vosas. Na lista que tedes a continuación aparecen os materiais necesarios para levala a cabo.
MATERIAIS
- dous vasos do mesmo tamaño
- cartolinas branca e negra
- cinta adhesiva
- unha lanterna
- pedras de xeo
Xa tedes todo? Pois logo, imos comezar!
PROCEDEMENTO
1. Forrar un dos vasos con cartolina branca e o outro coa de cor negra.
Asegurade con cinta adhesiva e, ao rematar, colocade enriba do vaso branco unha tapa de cartolina branca. Facede o mesmo co vaso negro e un anaco de cartolina negra.
É importante que as vosas tapas sexan un pouco máis grandes que a circunferencia do vaso.
Podédela deixar así, como fixo Daniela. |
Ou asegurala máis como fixeron Antonio e os seus compañeir@s. |
A profe Ana botounos unha man coa lanterna do seu teléfono |
Aquí temos a Kathy enfocando coa lantrna no centro para que chegue a luz aos dous vasos. 3. Observar. Que xeo fundirá antes? |
Mirade: Se vos fixades un pouco observaredes que na cartolina negra hai máis auga que na branca. |