Moi boas, científicas e científicos!
Ao longo deste curso, o noso proxecto de Infantil e Primaria versará principalmente sobre cociña e medio ambiente.
Dado que o pasado mes de outubro se conmemorou o Día Mundial do Aforro Enerxético (21 de Outubro), a nosa primeira actividade do curso tratou sobre este tema.
Va que sería marabilloso poder ter unha
neveira que funcione sen enchufes??
Ao prezo que está a luz...
Pois estades de sorte, porque nesta entrada ímosvos ensinar a fabricar a vosa!
A NEVEIRA DO DESERTO
MATERIAIS
- Dúas olas ou testos de arxila de tamaños diferentes
- Area
- Auga
- Un pano húmido
- As froitas e verduras que ti queiras gardar
- Tapóns de cortiza (soamente se usades testos furados no fondo)
PROCEDEMENTO
1. Botar unha "cama" de area duns 3 ou 4cm no fondo do testo máis grande.
Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria recollen area do areeiro |
![]() |
Os pequenos e pequenas de infantil poñen a "cama" de area no testo grande. |
2. Colocar o testo máis pequeno dentro do maior e ir enchendo o espazo entre os dous con máis area. A medida que o enchedes, podédelo ir regando ou agardar ao final para botarlle a auga.
César A., Larissa e Daniela colocan o testo pequeno antes de gardar os alimentos. |
3. Colocar os alimentos dentro do testo pequeno e tapar cun pano húmido.
4. Xa está! Para conservar a temperatura fresca no interior da neveira debédela regar a diario con bastante auga e manter o pano de enriba humedecido.
Juana ocúpase de manter a neveira fresquiña e ben regada. |
Para comprobar a eficacia da nosa neveira colocamos ao lado desta un prato coa mesma cantidade de froita e verdura fóra da neveira. Escollemos peras e tomates. Logo dun mes, estes foron os resultados:
![]() |
Fóra da neveira |
![]() |
Dentro da neveira😎 |
EXPLICACIÓN
MILAGRE!! Os alimentos consérvanse sen usar unha neveira convencional!
Semella un milagre, pero é ciencia! O que observamos aquí coñécese coma enfriamento evaporativo. A auga coa que empapamos a area evapórase facilmente cara o exterior grazas ás paredes porosas dos testos. Isto produce unha baixada da temperatura que favorece a conservación dos alimentos.