Boas, científicas e científicos!
Na entrada de hoxe falarémosvos das últimas actividades que realizou o noso club de ciencias este curso. Son dúas:
Elaboración de candeas aromáticas
Forno solar caseiro
Comecemos coa primeira delas.
Por que elaborar candeas? Que ten iso que ver co tema do desenvolvemento sostible do noso proxecto?
Moi sinxelo, sendo este o ano mundial do vidro, quixemos implicar ao noso alumnado na reciclaxe e reutilización do mesmo e pensamos que empregar os frasquiños para elaborar candeas coas que agasallar ás súas familias era unha idea que de seguro os ía entusiasmar. E non nos trabucamos!
Estes son os materiais que ides necesitar:
ELABORACIÓN DE CANDEAS AROMÁTICAS
MATERIAIS
- Frasquiños de vidro (nós usamos os do iogur)
- Parafina e/ou cera de abellas
- Colorante específico, ou, no seu defecto, ceras das de pintar
- Mechas
- Aceites esenciais (para os aromas)
Para decorar:
- Rotuladores especiais para vidro ou cola transparente e purpurina
PROCEDEMENTO
1. Decorar os frasquiños e colocar a mecha no interior
Gabriela e Aroa xa teñen todo listo.
2. Fundir a cera e engadir a cor desexada
Mentres fundimos a cera (neste caso, violeta),
os alumnos/as van escollendo a esencia que prefiren.
3. Verter nos frasquiños e engadir o aroma
Fixádevos ben: Kathy usa un pauciño furado para suxeitar a mecha e que non se mova de onde debe estar. |
Como podedes observar, outra opción é usar pinzas da roupa. |
4. Fardar😎
Quedan chulas ou que?
FORNO SOLAR CASEIRO
MATERIAIS
- Caixa de cartón
(Pódese facer cunha soa caixa ou con dúas. Nós usamos unha moi xeitosa con dobre parede e tapa tipo libro... perfecta!)
- - Material aillante: papel de xornal, la, pórex pan...
- Pintura negra e brochas ou pinceis
- Papel alumnio ou cartolina metalizada cor prata
- Cutter
- Cinta adhesiva ou silicona quente
- Folla de vidro ou lámina de plástico transparente
PROCEDEMENTO
1. Preparar a estrutura
Na tapa da caixa abrimos unha especie de ventá que será a encargada de reflectir os raios do sol.
Para maior eficacia, entre as paredes da caixa introdúcese calquera dos materiais aillantes mencionados arriba.
Os nenos e nenas de 1º e 2º observan o deseño da estrutura |
2. Pintar de negro e forrar a ventá reflectante
Grazas á actividade do mes anterior coa luz e o xeo, os nosos alumnos e alumnas xa tiñan moi claro por que o forno debía ser negro e non doutra cor.
Ainara, Mar, Íker e César moi ocupados pintando o forno. |
Xa case está! |
3. Apegar o vidro ou a lámina de plástico
A nosa Juana é unha profesional coa pistola de silicona😎 4. Comprobar se funciona As nosas científicas e científicos puxeron a fundir dous anacos de chocolate: un dentro do forno e outro fóra. |
Quixemos medir a temperatura dentro e fóra do forno. Pero como usamos un termómetro convencional que só marca até 45º, non nos foi moi útil😓 |
E onde nos falla a tecnoloxía usamos método manual😜 Como está de quente o forno, rapaces? |
Agardando... "A paciencia é a nai da ciencia"😅 |