sábado, 30 de marzo de 2024
Volcán caseiro
domingo, 17 de marzo de 2024
Moi boas, Crespocientífic@s!
Na entrada de hoxe traémosvos un clásico dos experimentos caseiros: o volcán!
Tomade nota, que comezamos!
INGREDIENTES E MATERIAIS
- Unha plantilla en cartolina para lle dar a forma de montaña
- unha pequena botella de plástico sen tapón
- plastilina da cor que queirades
- pedriñas de acuario para decorar (opcional)
- pistola de pegamento
- tesoiras
- vinagre
- bicarbonato
- un funil (un embude, para nos entender😉)
ELABORACIÓN
1. DECORAMOS O EXTERIOR
Estendemos a plastilina pola superficie da plantilla, recortamos e pegamos coa pistola.
Podemos decorar o noso volcán incrustrando na platsti unhas pedriñas de acuario (queda chulísimo; probade!😀)
2. PREPARAMOS A LAVA
Unha vez teñamos listo o noso volcán colocamos dentro a botella de plástico e preparamos a lava.
Enchemos a botella ata a metade con vinagre e, a continuación, coa axuda dun funil, botamos bicarbonato ata conseguir unha erupción.
EXPLICACIÓN
Ben, como xa aprendemos coa Doutora Aitana e o Doutor Alejandro no último vídeo deste blog, o vinagre é un ácido e o bicarbonato unha base.
O que sucede cando os mesturamos é que se produce unha reacción química que libera CO2 (dióxido de carbono). Este gas é o responsable das burbullas que se forman na nosa mestura e que "empuxan" a nosa lava para fóra.
Chulísimo, va que si?
domingo, 10 de marzo de 2024
miércoles, 6 de marzo de 2024
Zume máxico de lombarda 1709414120161
XA ESTAMOS DE VOLTA...
Querid@s Crespocientífic@😃 Aquí estamos de volta para un novo curso cheo de experimentos e aventuras científicas! Este curso 2025-2026 empe...
-
Moi boas, Crespocientíficas e Crespocientíficos! Xa tiñamos ganas de empezar, va que si? Velaquí un pequeno agasallo para que vaiades facend...
-
Moi boas, Crespocientífic@s!! Xa había ganas de empezar o ano cun pouco de ciencia, va que si? Pois estades de sorte, porque na entrada de...
-
Moi boas, Crespocientífic@s! Na última entrada deste ano que remata imos deixarvos unha receita de galletas para que preparedes nestas festa...