Moi boas, Crespocientífic@s!!
Xa había ganas de empezar o ano cun pouco de ciencia, va que si? Pois estades de sorte, porque na entrada de hoxe traémosvos unha das últimas actividades que realizamos no pasado mes de xaneiro. Trátase da...
😲extracción de ADN das froitas!!!😮
fliiiipa!!
Aí van as instrucións:
E como unha imaxe vale máis ca mil palabras, velaquí os mosaicos coas fotos das nosas científicas e científicos ilustrando o proceso paso a paso:
ALGÚNS CONSELLOS PARA GARANTIR O ÉXITO DO EXPERIMENTO:
- Sede xenerosos coa froita. Usade tres ou catro amorodos ou un par de kiwis de tamaño mediano. Nós fomos algo rañicas cos kiwis e non conseguimos suficiente ADN😔
- Á hora de engadir o alcohol, NON REMEXADES, o ADN ten que quedar a flotar no vaso.
A CIENCIA DETRÁS DA EXPERIENCIA
Que pasou no experimento?
Na solución máxica que elaboramos para a extracción do ADN cada ingrediente ten un papel:
- XABÓN: Disolve as membranas celulares
- SAL: Rompe as cadeas de proteínas, liberando así o ADN
- ALCOHOL: O ADN non se disolve no alcohol, e menos cando este está frío, por iso queda a flotar no vaso.
E ata aquí a nosa experiencia. Esperamos que vos gustase.
Deica a próxima!👋👋
No hay comentarios:
Publicar un comentario