jueves, 19 de diciembre de 2024

Moi boas, Crespocientífic@s!

Na última entrada deste ano que remata imos deixarvos unha receita de galletas para que preparedes nestas festas e un pequeno vídeo sobre a fermentación.

Estades list@s? Comezamos!

Velaquí a receita:


Unhas imaxes do proceso:




Ata aquí a cociña. Agora, a ciencia!... Procedan Doutoras:



Pasade boas festas! Vémonos á volta!😘😘

domingo, 1 de diciembre de 2024

Moi boas, Crespocientífic@s!!

Na entrada de hoxe traémosvos outra entrega de "Ciencia na Cociña" que de seguro ides querer probar nas vosas casas. Trátase da receita para facer queixo.

Tomade nota, que comezamos!



É moi importante que o leite sexa fresco e enteiro, do que atopades nas neveiras do súper. Se non é así, o leite non vai callar ben e ides quedar sen queixo😭

Velaquí unhas imaxes do procedemento:




E agora a CIENCIA!:

Cando mesturamos o limón co leite, o ácido cítrico do limón reacciona coa caseína (proteína do leite) e fai que se separe o soro (parte líquida do leite) do callo (parte máis espesa).

Deliciosamente sinxelo, va que si?!😋

domingo, 3 de noviembre de 2024

Moi boas, Crespocientífi@s!!

Na entrada de hoxe invitámosvos a crear pócemas secretas... tan, tan secretas coma a receita dese famoso refresco de cola, xa sabedes 😉

Estades list@s? Comecemos!


INGREDIENTES E MATERIAIS

Para elaborar a famosa receita do famosisímo refresco imos necesitar:


Empregaremos as pipetas para medir os ingredientes líquidos coma a vainilla e o limón. As culleres medidoras serannos útiles para os ingredientes en po, coma a canela e a noz moscada.


PROCEDEMENTO

Nós demos aos nosos feiticeiros e feiticeiras catro oportunidades para replicar a receita da pócema secreta (de aí os catro vasiños; un para cada intento).

A actividade é moi sinxela. Simplemente debemos mesturar os distintos ingredientes (hainos que usar todos) en diferentes cantidades ata dar coa receita que máis se aproxime á do famoso refresco.

Os pasos a seguir serán tres:

                 - MEDIR os distintos ingredientes
            - ANOTAR no caderno o que botamos de cada un
            - PROBAR o resultado e decidir o que se pode mellorar

Pero hai unha máxima que debemos respectar:

De cada vez soamente se pode modificar UNHA das variables 
(é dicir, un dos ingredientes, o que estea peor)

Aquí vos deixamos unhas imaxes do procedemento:


Unha vez dominado o procedemento, estabamos list@s para participar no noso 1º Concurso de Pócemas do Samaín.

Mirade o ben que o pasamos!
O noso conxuro:


Os diplomas para os vencedores e vencedoras:




E ata aquí as nosas actividades durante o pasado mes. Esperamos que vos gustasen. Nós pasámolo en grande!!😃

domingo, 29 de septiembre de 2024

tomas falsas

Moi boas, Crespocientíficas e Crespocientíficos!
Xa tiñamos ganas de empezar, va que si?
Velaquí un pequeno agasallo para que vaiades facendo apetito de ciencia...

Que o gocedes!😉

jueves, 20 de junio de 2024

Cromatografía

Moi boas, Crespocientífic@s!

Na entrada de hoxe despedimos o curso co noso último vídeo, no que a Doutora Ari e o Doutor Santi explícannos como realizar a cromatografía das follas.
Esperamos que vos guste😉



Vémonos o curso que vén!
Deica a próxima!!😍

miércoles, 19 de junio de 2024

Batería de limóns


Moi boas, Crespocientífic@s!

Na entrada de hoxe deixámosvos un vídeo da Doutora Juana, o Doutor Borja e o Doutor Antonio explicando o funcionamento da batería de limóns.

Non o perdades!😉



domingo, 2 de junio de 2024

Que tal, Crespocientífic@s!

Xa hai ganas de vacacións, va que si? Na entrada de hoxe traémosvos tres xoguetes feitos con materiais de refugallo cos que ides poder enredar este verán. Pero a mellor parte é que se moven soíños sen necesidade de baterías, por iso ás actividades que vos presentamos hoxe chamámolas...

MOVEMENTO VERDE

Velaí vai o primeiro dos tres xoguetes. Tomade nota:


Helicóptero de Papel

Estes son os materiais que ides precisar para elaborar o voso helicóptero de papel:


Elaborar o voso helicóptero é ben sinxelo. Soamente tedes que pintar o modelo ao voso gusto e recortar polas liñas de puntos. 

Unha vez recortado dobrades polas liñas negras (as continuas). Lembrade dobrar unha das hélices cara adiante e a outra cara atrás, igual que aparece no modelo da imaxe.

Para rematar, suxeitades a parte inferior cun clip e xa o tedes listo. É importante que usedes o clip e non pegamento, posto que o peso deste clip vai axudar a estabilizar o descenso do noso helicóptero.

Aquí vos deixamos unhas imaxes do proceso de elaboración:
Xa soamente queda probalo. Buscade un lugar alto, ou ben subide enriba dunha cadeira e deixade caer o voso helicóptero co clip cara abaixo e as hélices cara arriba...

O helicóptero descende devagar rotando sobre si mesmo. Isto débese principalmente a dous factores:

- Por un lado, a forza da gravidade, que fai descender o helicóptero

- Por outro, a disposición das hélices, que opoñen unha resistencia a esa        caída movendo o aire en todas as direccións e producindo a rotación do noso helicóptero.



Globo Aerostático

Se vos pareceu sinxelo o helicóptero, o que vén a continuación é aínda máis fácil.

Tomade nota dos materiais que ides precisar para elaborar o voso globo aerostático:



Usade a tesoira para facer oito cortes arredor da boca do vaso. Non apuredes os cortes ata o fondo do vaso, deixade uns centímetros libres para lle dar ao vaso a forma da cestiña.

Coa axuda do punzón ou do cutter furade o fondo do vaso. O burato que practiquedes ten que ser suficiente para deixar pasar por el a boca do globo.

Pasade a boca do globo polo burato e soprade. Cando teñades o globo cheo, NON O ATEDES, suxeitádeo coa punta dos dedos.

Agora estendede o brazo e soltade o globo para deixalo voar...


Va que é bonito!! Cando sopramos dentro do globo estamos a enchelo de aire quente, por iso ao soltalo sube. O peso da cestiña de papel axuda estabilizar o ascenso do globo, pero temos que confesar que non sempre funciona así e ás veces sube facendo eses😅


Hovercraft

E deixámosvos para o final o máis chulo dos tres. Estes son os materiais que ides necesitar para construír o voso hovercraft.


Usade a pistola de silicona para apegar o tapón no centro do CD. Deixade o tapón pechado, é dicir, coa válvula cara abaixo.

A continuación, inflade o globo e, sen atalo, encaixade a boca do globo na boca do tapón (na válvula).

Para facelo funcionar, soamente tedes que turrar da válvula cara arriba.





Va que mola😎! Xa vos dixemos que este era o máis chulo!

Cando abrimos a válvula do tapón deixamos escapar o aire que hai dentro do globo. Este aire cólase por baixo do CD formando unha especie de colchón que reduce a fricción do CD contra a superficie, favorecendo que escorregue polo chan.

Deica a próxima, Crespocientífic@s!

FABRICACIÓN DE XABÓNS

Boas Crespocientífic@s! A clase de 4º, 5º e 6º non para! A rapazada está a recadar diñeiro para a súa excursión de fin de curso. Para iso, e...