miércoles, 8 de diciembre de 2021

 O mes de NOVEMBRO adicámolo á elaboración de xabón caseiro. Comezamos coa elaboración de xabón de glicerina, pois é a receita máis rápida e sinxela.

Con este proxecto pretendemos concienciar ao noso alumnado da necesidade de REDUCIR OS ENVASES DE PLÁSTICO nas nosas rutinas diarias, e elaborar o noso propio xabón é unha maneira moi doada e entretida de facelo.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes da nosa experiencia resumida nuns cantos pasos. De seguro que ides querer probalo na casa!

                                               - 1º paso: Fundir a glicerina 

Nós escollemos facelo de nunha pota a lume baixo. Pódese fundir no microondas, pero é importante vixiar que non ferva. Por iso facelo na pota pareceunos a mellor opción.


1º e 2º de Primaria
3º e 4º de Primaria

- 2º paso: Engadir o aroma e a cor. 

Para os aromas usamos aceites esenciais, que podedes conseguir nun herbolario. 

Para a cor é mellor empregar colorantes específicos para xabóns. Se empregades colorantes alimentarios o voso xabón irá perdendo a cor co uso e pódevos pintar as mans.


A esencia en primeiro lugar (5º e 6º)

E a cor a continuación (2º ESO)

                                - 3º paso: Verter nos moldes. 

E esperar! Esta foi a parte máis complicada para os nenos e nenas. Parece que solidifica aos poucos minutos, pero é porque o fai de fóra a adentro. Haino que deixar mínimo media hora para se asegurar de que está feito.


1º e 2º: Boh! Esperar é un rollo!

Queres darlle un toque aínda máis persoal? 
Proba estas suxestións:


Engade á glicerina unhas flores secas
ou herbas aromáticas

Prepara a túa propia caixiña de origami. 
Perfecto para regalar!

martes, 23 de noviembre de 2021

 Na derradeira semana de outubro tocoulle o turno ao grupo de 3º da ESO e ao de 5º e 6º de primaria. Desta vez, a actividade consistiu na elaboración dun anemómetro.

Aquí vos deixamos unhas imaxes da nosa experiencia.

Reciclando materiais para elaborar o anemómetro (3ºESO)

Aprendendo a transformar as revolucións do aparato en km/h


         
Preparando o anemómetro (5º e 6º)

Probando as revolucións (5º e 6º)

Calculando a velocidade (5º e 6º)




martes, 2 de noviembre de 2021

O mércores 20 de outubro visitaron o noso laboratorio os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria. Estes intrépidos científicos/as axudáronnos a elaborar os termómetros que agora temos nas nosas aulas.

Elaboramos tres distintos coa fin de determinar a sensibilidade de cada un aos cambios de temperatura.

Equipo azul: auga e colorante


Equipo vermello: alcohol e colorante


Equipo verde: auga con alcochol e colorante


Probando a sensibilidade ao frío


Probando a sensibilidade á calor

Os nosos científicos e científicas quedaron asombrados da alta sensibilidade dos seus termómetros.

O pasado mércores, 13 de outubro, os nosos pequenos científicos e científicas de 1º e 2º de primaria inauguraron o Club de Ciencias para elaborar un pluviómetro.

Aquí vos deixamos algunha foto da actividade.







martes, 12 de octubre de 2021

ANTE TODO, QUEN ERA ANTONIA FERRÍN MOREIRAS ?

 Antonia Ferrín Moreiras foi a primeira astrónoma galega !!!!


Naceu en 1914 en Ourense e morreu en Santiago de Compostela en 2009. En 1963, Antonia converteuse na primeira muller, en España, en presentar unha tese sobre astronomía. Observou durante toda a súa carreira as estrelas ocultas pola Lúa. Tivo que soportar os duros invernos no observatorio de Santiago de Compostela sen poder levar prendas tan correntes como pantalóns porque non se consideraba correcto para unha muller nesa época. 

O noso Club de Ciencias leva o seu nome para dar visibilidade a todas estas mulleres científicas que, ao longo da historia, foron esquecidas.

Antonia Ferrín Moreiras merece este pequeno homenaxe como outras tantas...



BENVIDAS E BENVIDOS AO NOSO CLUB DE CIENCIAS!

Inauguramos este curso escolar 2021-2022 con este Blog onde publicaremos todas as novas do noso Club de Ciencias!

Contamos coa vosa participación !

Vémonos pronto no laboratorio do noso cole para novas aventuras científicas!!!

FABRICACIÓN DE XABÓNS

Boas Crespocientífic@s! A clase de 4º, 5º e 6º non para! A rapazada está a recadar diñeiro para a súa excursión de fin de curso. Para iso, e...