domingo, 9 de febrero de 2025

 Moi boas, Crespocientífi@s!

Hoxe os máis pequenos e pequenas do cole tráenvos unha actividade moi sinxela para que xoguedes na casa aos detectives.

Estades preparad@s? Comecemos!!


Velaquí unhas imaxes d@s nos@s pequen@s detectives: 😍


A CIENCIA DETRÁS DO XOGO

Como xa aprendemos no curso anterior, tanto a lombarda, coma a remolacha, coma os arandos, conteñen uns pigmentos chamados ANTOCIANINAS

Estes pigmentos son altamente sensibles ao grao de acidez das substancias coas entran en contacto, por iso ao mesturarse co limón (moi ácido) ou co bicarbonato (moi alcalino), estas antocianinas revélannos a mensaxe que ocultamos coa tinta invisible.

Chulo, va que si?😎

domingo, 2 de febrero de 2025

 Moi boas, Crespocientífic@s!!

Xa había ganas de empezar o ano cun pouco de ciencia, va que si? Pois estades de sorte, porque na entrada de hoxe traémosvos unha das últimas actividades que realizamos no pasado mes de xaneiro. Trátase da...

😲extracción de ADN das froitas!!!😮

fliiiipa!!


Aí van as instrucións:



E como unha imaxe vale máis ca mil palabras, velaquí os mosaicos coas fotos das nosas científicas e científicos ilustrando o proceso paso a paso:









ALGÚNS CONSELLOS PARA GARANTIR O ÉXITO DO EXPERIMENTO:

- Sede xenerosos coa froita. Usade tres ou catro amorodos ou un par de kiwis de tamaño mediano. Nós fomos algo rañicas cos kiwis e non conseguimos suficiente ADN😔

- Á hora de engadir o alcohol, NON REMEXADES, o ADN ten que quedar a flotar no vaso.


A CIENCIA DETRÁS DA EXPERIENCIA

Que pasou no experimento?

Na solución máxica que elaboramos para a extracción do ADN cada ingrediente ten un papel:

- XABÓN: Disolve as membranas celulares
- SAL: Rompe as cadeas de proteínas, liberando así o ADN
- ALCOHOL: O ADN non se disolve no alcohol, e menos cando este está frío, por iso queda a flotar no vaso.


E ata aquí a nosa experiencia. Esperamos que vos gustase. 
Deica a próxima!👋👋


jueves, 19 de diciembre de 2024

Moi boas, Crespocientífic@s!

Na última entrada deste ano que remata imos deixarvos unha receita de galletas para que preparedes nestas festas e un pequeno vídeo sobre a fermentación.

Estades list@s? Comezamos!

Velaquí a receita:


Unhas imaxes do proceso:




Ata aquí a cociña. Agora, a ciencia!... Procedan Doutoras:



Pasade boas festas! Vémonos á volta!😘😘

domingo, 1 de diciembre de 2024

Moi boas, Crespocientífic@s!!

Na entrada de hoxe traémosvos outra entrega de "Ciencia na Cociña" que de seguro ides querer probar nas vosas casas. Trátase da receita para facer queixo.

Tomade nota, que comezamos!



É moi importante que o leite sexa fresco e enteiro, do que atopades nas neveiras do súper. Se non é así, o leite non vai callar ben e ides quedar sen queixo😭

Velaquí unhas imaxes do procedemento:




E agora a CIENCIA!:

Cando mesturamos o limón co leite, o ácido cítrico do limón reacciona coa caseína (proteína do leite) e fai que se separe o soro (parte líquida do leite) do callo (parte máis espesa).

Deliciosamente sinxelo, va que si?!😋

domingo, 3 de noviembre de 2024

Moi boas, Crespocientífi@s!!

Na entrada de hoxe invitámosvos a crear pócemas secretas... tan, tan secretas coma a receita dese famoso refresco de cola, xa sabedes 😉

Estades list@s? Comecemos!


INGREDIENTES E MATERIAIS

Para elaborar a famosa receita do famosisímo refresco imos necesitar:


Empregaremos as pipetas para medir os ingredientes líquidos coma a vainilla e o limón. As culleres medidoras serannos útiles para os ingredientes en po, coma a canela e a noz moscada.


PROCEDEMENTO

Nós demos aos nosos feiticeiros e feiticeiras catro oportunidades para replicar a receita da pócema secreta (de aí os catro vasiños; un para cada intento).

A actividade é moi sinxela. Simplemente debemos mesturar os distintos ingredientes (hainos que usar todos) en diferentes cantidades ata dar coa receita que máis se aproxime á do famoso refresco.

Os pasos a seguir serán tres:

                 - MEDIR os distintos ingredientes
            - ANOTAR no caderno o que botamos de cada un
            - PROBAR o resultado e decidir o que se pode mellorar

Pero hai unha máxima que debemos respectar:

De cada vez soamente se pode modificar UNHA das variables 
(é dicir, un dos ingredientes, o que estea peor)

Aquí vos deixamos unhas imaxes do procedemento:


Unha vez dominado o procedemento, estabamos list@s para participar no noso 1º Concurso de Pócemas do Samaín.

Mirade o ben que o pasamos!
O noso conxuro:


Os diplomas para os vencedores e vencedoras:




E ata aquí as nosas actividades durante o pasado mes. Esperamos que vos gustasen. Nós pasámolo en grande!!😃

domingo, 29 de septiembre de 2024

tomas falsas

Moi boas, Crespocientíficas e Crespocientíficos!
Xa tiñamos ganas de empezar, va que si?
Velaquí un pequeno agasallo para que vaiades facendo apetito de ciencia...

Que o gocedes!😉

jueves, 20 de junio de 2024

Cromatografía

Moi boas, Crespocientífic@s!

Na entrada de hoxe despedimos o curso co noso último vídeo, no que a Doutora Ari e o Doutor Santi explícannos como realizar a cromatografía das follas.
Esperamos que vos guste😉



Vémonos o curso que vén!
Deica a próxima!!😍

FABRICACIÓN DE XABÓNS

Boas Crespocientífic@s! A clase de 4º, 5º e 6º non para! A rapazada está a recadar diñeiro para a súa excursión de fin de curso. Para iso, e...