Moi boas, Crespocientífic@s!!
Na entrada de hoxe traémosvos outra entrega de "Ciencia na Cociña" que de seguro ides querer probar nas vosas casas. Trátase da receita para facer queixo.
Tomade nota, que comezamos!
É moi importante que o leite sexa fresco e enteiro, do que atopades nas neveiras do súper. Se non é así, o leite non vai callar ben e ides quedar sen queixo😭
Velaquí unhas imaxes do procedemento:
E agora a CIENCIA!:
Cando mesturamos o limón co leite, o ácido cítrico do limón reacciona coa caseína (proteína do leite) e fai que se separe o soro (parte líquida do leite) do callo (parte máis espesa).
Deliciosamente sinxelo, va que si?!😋
No hay comentarios:
Publicar un comentario