sábado, 25 de abril de 2026

FABRICACIÓN DE XABÓNS

Boas Crespocientífic@s!

A clase de 4º, 5º e 6º non para! A rapazada está a recadar diñeiro para a súa excursión de fin de curso. Para iso, elaboramos xabóns naturais para a súa venda!

O proceso foi moi sinxelo:

1. Derretemos unha base de glicerina con aceite de oliva.

2. Engadimos colorante e flores secas (lavanda, papoula, camomila).

3. Vertemos o líquido nuns moldes de silicona.

4. Deixamos arrefriar e empaquemos os xabóns para a súa venda.








jueves, 23 de abril de 2026

A DISECCIÓN DUNHA FLOR

Moi boas Crespicientífic@s!

Este mes, os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria descubriron o mundo das plantas. Analizaron con detalle as distintas partes dunha flor a través do proceso da disección e para iso utilizaron instrumentos como tesoiras e pinzas. Velaquí algunhas imaxes do proceso:



Observaron tamén con atención as distintas partes das flores coa lupa binocular.


Ao final, realizaron un precioso mural primaveral!


E para rematar a actividade, colocaron caraveis brancos en auga con colorante para comprobar como as plantas absorben a auga a través dos seus talos mediante a capilaridade.













 

domingo, 19 de abril de 2026

DESCUBRIMOS O MUNDO DAS ABELLÁS

Ola Crespicientífic@s,

Neste 3º trimestre, os rapaces e rapazas de Infantil empezan un novo proxecto ao redor do mundo das abellás.

Como introdución, levámolos ao Club de Ciencias para observar de máis cerca unhas pequenas abellás mortas que atopamos no patio. Para iso, utilizamos tres instrumentos para poder velas mellor👀:

- unha simple lupa escolar

- unha lupa dixital con pantalla

- unha lupa binocular 




Aproveitamos tamén para observar unha mosca e un abellón (abázcaro) e sacamos conclusións sobre parecidos e diferenzas.

A segunda parte da sesión consistiu en comprobar a calidade do mel que tiñamos. Depositamos unha cullerada de mel nun prato e vertemos un pouco de auga morna por riba. Movemos a modiño o prato dun lado para outro e .... maxia...🎉 apareceron os debuxos dos panais da colmea! Impresionante, non si! Isto confirma a boa calidade do mel!


E por suposto, acabamos os experimentos cunha degustación dos tres tipos de mel que tiñamos a nosa disposición!😋

sábado, 21 de marzo de 2026

CREAMOS UN MINI ROBOT!

 Moi boas Crespocientífic@s!

Este mes, montamos un sinxelo circuíto eléctrico cuxo resultado foi un "robot-pintor" moiiiiii divertido !😆 

O material que utilizamos foi o seguinte:

- un vaso de plástico

- 4 rotuladores

- un motor de 3 ou 5 voltios

- cables eléctrico

- una pila rectangular

- cinta adhesiva

- un interruptor

- unha barra de silicona


Velaquí as instrucións:







domingo, 8 de marzo de 2026

MOMIFICAMOS UNHA... SALCHICHA!

Moi boas Crespocientífic@s!😎

A rapazada de Primaria non para! Esta vez, os nosos pequenos científicos e científicas fixeron un experimento que utiliza un proceso moi moi antigo... Trátase da momificación do Antigo Exipto! Agora, mans á obra, imos momificar un corpo, pero neste caso imos escoller unha simple salchicha! Todo empezou  o venres 30 de xaneiro de 2026.

Empregamos o material seguinte:

- un recipiente máis longo, ancho e profundo ca salchicha (utilizamos molde de aluminio para facer pasteis).

- Bicarbonato (bastante cantidade!).

- Unha báscula.

- Unha regra.

- Unha cinta métrica de costureiro/a.


1º día:

- Pesamos, medimos a nosa salchicha e anotamos as súas medidas no noso caderno de experimentos.

- Colocamos unha boa capa de bicarbonato no molde, depositamos a nosa salchicha e cubrímola outra vez de bicarbonato.

- Tapamos o "sacófago" cunha tapa de cartón decorada ao noso gusto.

- Deixamos reposar unha semana.



Unha semana despois: 

Abrimos a tapa e volvemos pesar, medir e observar o "estado" da nosa momificación! Que observamos? Canto pesa e mide agora? Que aspecto ten? Anotamos todo no noso caderno de observación...

A continuación, tiramos o bicarbonato vello e volvemos cubrir a nosa momia-salchicha e deixámola reposar un mes máis!💀


Un mes despois... Que pasou?

Os rechamantes cambios da nosa salchicha son o resultado directo da DESHIDRATACIÓNSe deixamos a salchicha exposta ao aire, sen bicarbonato, transformaríase en algo espantoso, cheirento e con mofo...😖 As comidas que non se gardan na neveira estráganse porque as bacterias e os fungos necesitan auga para desenvolverse. O bicarbonato encargouse de sacar a auga que contén a salchicha e permitiu a súa conservación. Sen auga non hai putrefacción! Abraiante, non? 😊



Con este experimento, os rapaces e rapazas aprenden tamén a medir, pesar, observar
e sacar conclusión.

Unha introdución perfeita á metodoloxía científica!




jueves, 26 de febrero de 2026

BOTELLA SENSORIAL

 Moi boas, Crespocientífic@s,

Os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º de Primaria estiveron moi atentos ás consignas para elaborar as súas pequenas botellas sensoriais mesturando unha solución de aceite de almendra con gotiñas de leite coloreada.

E para aumentar o efecto relaxante do experimento, engadiron un chisco de purpurina e algunhas contas de cores. Un espectáculo de cores e formas cambiantes!

Velaquí as instrucións ! Xa veredes que doado é!😀










jueves, 5 de febrero de 2026

A CAPILARIDADE

 Boas Crespicientífic@s!😎

Esta semana, os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º de Primaria estiveron comprobando o fenómeno da capilaridade cun experimento cheo de cores! 

Velaquí a explicación do proceso:







FABRICACIÓN DE XABÓNS

Boas Crespocientífic@s! A clase de 4º, 5º e 6º non para! A rapazada está a recadar diñeiro para a súa excursión de fin de curso. Para iso, e...