domingo, 8 de marzo de 2026

MOMIFICAMOS UNHA... SALCHICHA!

Moi boas Crespocientífic@s!😎

A rapazada de Primaria non para! Esta vez, os nosos pequenos científicos e científicas fixeron un experimento que utiliza un proceso moi moi antiga... Trátase da momificación do Antigo Exipto! Agora, mans á obra, imos momificar un corpo, pero neste caso imos escoller unha simple salchicha! Todo empezou  o venres 30 de xaneiro de 2026.

Empregamos o material seguinte:

- un recipiente máis longo, ancho e profundo ca salchicha (utilizamos molde de aluminio para facer pasteis).

- Bicarbonato (bastante cantidade!).

- Unha báscula.

- Unha regra.

- Unha cinta métrica de costureiro/a.


1º día:

- Pesamos, medimos a nosa salchicha e anotamos as súas medidas no noso caderno de experimentos.

- Colocamos unha boa capa de bicarbonato no molde, depositamos a nosa salchicha e cubrímola outra vez de bicarbonato.

- Tapamos o "sacófago" cunha tapa de cartón decorada ao noso gusto.

- Deixamos reposar unha semana.



Unha semana despois: 

Abrimos a tapa e volvemos pesar, medir e observar o "estado" da nosa momificación! Que observamos? Canto pesa e mide agora? Que aspecto ten? Anotamos todo no noso caderno de observación...

A continuación, tiramos o bicarbonato vello e volvemos cubrir a nosa momia-salchicha e deixámola reposar un mes máis!💀


Un mes despois... Que pasou?

Os rechamantes cambios da nosa salchicha son o resultado directo da DESHIDRATACIÓNSe deixamos a salchicha exposta ao aire, sen bicarbonato, transformaríase en algo espantoso, cheirento e con mofo...😖 As comidas que non se gardan na neveira estráganse porque as bacterias e os fungos necesitan auga para desenvolverse. O bicarbonato encargouse de sacar a auga que contén a salchicha e permitiu a súa conservación. Sen auga non hai putrefacción! Abraiante, non? 😊



Con este experimento, os rapaces e rapazas aprenden tamén a medir, pesar, observar
e sacar conclusión.

Unha introdución perfeita á metodoloxía científica!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOMIFICAMOS UNHA... SALCHICHA!

Moi boas Crespocientífic@s!😎 A rapazada de Primaria non para! Esta vez, os nosos pequenos científicos e científicas fixeron un experimento ...