sábado, 25 de abril de 2026

FABRICACIÓN DE XABÓNS

Boas Crespocientífic@s!

A clase de 4º, 5º e 6º non para! A rapazada está a recadar diñeiro para a súa excursión de fin de curso. Para iso, elaboramos xabóns naturais para a súa venda!

O proceso foi moi sinxelo:

1. Derretemos unha base de glicerina con aceite de oliva.

2. Engadimos colorante e flores secas (lavanda, papoula, camomila).

3. Vertemos o líquido nuns moldes de silicona.

4. Deixamos arrefriar e empaquemos os xabóns para a súa venda.



E na sesión desta semana, o alumnado de 2º da ESO axudou aos seus compañeiros e compañeiras de 1º e 2º de Primaria a elaborar xabóns no laboratorio.









jueves, 23 de abril de 2026

A DISECCIÓN DUNHA FLOR

Moi boas Crespicientífic@s!

Este mes, os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria descubriron o mundo das plantas. Analizaron con detalle as distintas partes dunha flor a través do proceso da disección e para iso utilizaron instrumentos como tesoiras e pinzas. Velaquí algunhas imaxes do proceso:



Observaron tamén con atención as distintas partes das flores coa lupa binocular.


Ao final, realizaron un precioso mural primaveral!


E para rematar a actividade, colocaron caraveis brancos en auga con colorante para comprobar como as plantas absorben a auga a través dos seus talos mediante a capilaridade.













 

domingo, 19 de abril de 2026

DESCUBRIMOS O MUNDO DAS ABELLÁS

Ola Crespicientífic@s,

Neste 3º trimestre, os rapaces e rapazas de Infantil empezan un novo proxecto ao redor do mundo das abellás.

Como introdución, levámolos ao Club de Ciencias para observar de máis cerca unhas pequenas abellás mortas que atopamos no patio. Para iso, utilizamos tres instrumentos para poder velas mellor👀:

- unha simple lupa escolar

- unha lupa dixital con pantalla

- unha lupa binocular 




Aproveitamos tamén para observar unha mosca e un abellón (abázcaro) e sacamos conclusións sobre parecidos e diferenzas.

A segunda parte da sesión consistiu en comprobar a calidade do mel que tiñamos. Depositamos unha cullerada de mel nun prato e vertemos un pouco de auga morna por riba. Movemos a modiño o prato dun lado para outro e .... maxia...🎉 apareceron os debuxos dos panais da colmea! Impresionante, non si! Isto confirma a boa calidade do mel!


E por suposto, acabamos os experimentos cunha degustación dos tres tipos de mel que tiñamos a nosa disposición!😋

FABRICACIÓN DE XABÓNS

Boas Crespocientífic@s! A clase de 4º, 5º e 6º non para! A rapazada está a recadar diñeiro para a súa excursión de fin de curso. Para iso, e...