🌿 Club de Ciencias: Descubrindo as cores ocultas das follas de outono 🍁
Esta semana, no Club de Ciencias, fixemos unha actividade moi especial: realizamos cromatografías de follas de outono para descubrir que cores se agochan detrás do verde que vemos durante o verán.
Recollemos follas verdes, amarelas e vermellas, e empregamos papel de filtro e alcol etílico para extraer os pigmentos. Pouco a pouco, a cor subiu polo papel e fomos observando as distintas franxas de pigmentos: primeiro a clorofila, responsable do verde intenso das follas, e máis arriba os carotenos e xantofilas, os pigmentos amarelos e alaranxados que aparecen cando a clorofila se degrada co paso do tempo.Foi unha sesión chea de cor, ciencia e curiosidade, na que aprendemos que a natureza é tamén unha gran química.
No hay comentarios:
Publicar un comentario