Moi boas, Crespocientífic@s!
Na entrada de hoxe traémosvos un clásico dos experimentos caseiros: o volcán!
Tomade nota, que comezamos!
INGREDIENTES E MATERIAIS
- Unha plantilla en cartolina para lle dar a forma de montaña
- unha pequena botella de plástico sen tapón
- plastilina da cor que queirades
- pedriñas de acuario para decorar (opcional)
- pistola de pegamento
- tesoiras
- vinagre
- bicarbonato
- un funil (un embude, para nos entender😉)
ELABORACIÓN
1. DECORAMOS O EXTERIOR
Estendemos a plastilina pola superficie da plantilla, recortamos e pegamos coa pistola.
Podemos decorar o noso volcán incrustrando na platsti unhas pedriñas de acuario (queda chulísimo; probade!😀)
2. PREPARAMOS A LAVA
Unha vez teñamos listo o noso volcán colocamos dentro a botella de plástico e preparamos a lava.
Enchemos a botella ata a metade con vinagre e, a continuación, coa axuda dun funil, botamos bicarbonato ata conseguir unha erupción.
EXPLICACIÓN
Ben, como xa aprendemos coa Doutora Aitana e o Doutor Alejandro no último vídeo deste blog, o vinagre é un ácido e o bicarbonato unha base.
O que sucede cando os mesturamos é que se produce unha reacción química que libera CO2 (dióxido de carbono). Este gas é o responsable das burbullas que se forman na nosa mestura e que "empuxan" a nosa lava para fóra.
Chulísimo, va que si?
No hay comentarios:
Publicar un comentario