domingo, 10 de marzo de 2024

 Aaaai! Como cheira a primavera! -malia que non pare de chover😅

Na última sesión os nosos mozos e mozas de 5º e 6º de Primaria arremangáronse xerseis e camisas para pór a punto a nosa hortiña.

Velaquí unhas imaxes das nosas xardineiras e xardineiros.

Bo traballo, moz@s!😊👏👏👏

miércoles, 6 de marzo de 2024

Zume máxico de lombarda 1709414120161


Que tal, Crespocientífic@s?

Na entrada de hoxe deixámosvos un vídeo da Doutora Aitana e o Doutor Alejandro explicando o experimento "zume máxico de lombarda".


https://youtu.be/ieXSOWh0zEg

Parabéns, doutores, por esta magnífica master class!👏👏👏



sábado, 17 de febrero de 2024

 Ola de novo, crespocientífic@s!

Na entrada de hoxe ímosvos amosar a electrólise dunha disolución de sal. 

😰" A electro-que???"😰- preguntarédesvos. Electrólise! É o proceso no que conseguimos separar os elementos dun composto (por exemplo, a auga con sal) empregando a electricidade.

Imos necesitar:

- un vaso de vidro transparente

- un par de cables crocodilo (deses con pinzas nos extremos) Nós usamos un vermello para o positivo e un negro para o negativo.

- unha pila de petaca (das cadradas)

- dúas minas de grafito (das que veñen dentro dos lapis)


Antes de comezar, un pequeno apunte recordatorio de química básica. Lembrade que a auga está composta por moléculas de hidróxeno (H) e osíxeno (O); e o sal leva moléculas de sodio (Na) e cloro (Cl).

Listos! Comecemos!


PROCEDEMENTO

1. Preparamos no vaso de vidro a nosa solución de auga (H2O) con sal (NaCl).

2. Enganchamos os cables crocodilo nos polos da nosa batería: o vermello no positivo e o negro no negativo para que sexan facilmente identificables.

3. Os extremos libres dos cables enganchámolos con cadansúa mina de grafito.

4. Xa temos listo o circuito. Toca introducir as minas no vaso coa solución salina e observar o que acontece.


RESULTADO E EXPLICACIÓN

Observamos que se forman burbullas arredor das dúas minas de grafito. Pero, que son esas burbullas?

No caso da mina conectada co polo negativo (cátodo, cable negro), as burbullas que se forman son hidróxeno gasoso. É dicir, que estamos a romper a estrutura da auga!

Pola outra banda, as burbullas formadas arredor da mina conectada co polo positivo (ánodo, cable vermello) son de cloruro gasoso. É dicir, que se está a romper a estrutura do sal!

Va que é incrible!😎 Pois iso non é todo! Que pasa con líquido que queda no vaso? Pois iso xa non é auga con sal, senón algo ben distinto. As burbullas de hidróxeno dan lugar á formación de ions de hidróxido, mentres que as de cloro liberan ions de hipoclorito (lexivia) Nin se vos ocorra bebelo!🙈😅


domingo, 4 de febrero de 2024

 Que tal, crespocientífic@s?

Na entrada de hoxe ímosvos propoñer experimentar coa ciencia na cociña cunha sinxela actividade para determinar, de forma rudimentaria, o grao de acidez das substancias. A esta actividade gústanos chamala...

💫ZUME MÁXICO DE LOMBARDA💫

Imos necesitar:

INGREDIENTES

- 6 follas de col lombarda (desa morada que se bota na ensalada)

- 1 litro de auga

- vinagre ou zume de limón

- bicarbonato

MATERIAIS

- 2 vasos transparentes

- batedor eléctrico

- coador

- espremedor (se usades o limón)

- unha culler


PROCEDEMENTO

1. Partimos coas mans as follas de lombarda en anacos máis pequenos.




2. Botamos os anacos de lombarda no batedor e engadimos o litro de auga.



3. Batemos e pasamos a mestura polo coador para extraer o zume.






4. Botamos un pouco de zume en cada vaso; máis ou menos pola metade.



5. Agora toca observar como reacciona a lombarda coas substancias moi ácidas. engadimos nun dos vasos un pouco de vinagre ou un chorriño de zume de limón.





6. No outro vaso probaremos a reacción da lombarda con substancias alcalinas, é dicir, con moi pouca acidez. Para iso engadimos neste vaso unhas culleradiñas de bicarbonato.




EXPLICACIÓN

Os pigmentos que dan a cor morada á lombarda chámanse ANTOCIANINAS. Como xa saberedes, a cor morada ou violeta resulta da combinación do vermello co azul. 

Resulta que estes pigmentos, as antocianinas, son moi sensibles ao grao de acidez das distintas substancias coas que entran en contacto. Así, ao engadir no noso zume substancias moi acedas coma o limón ou o vinagre, este vólvese vermello. En cambio, ao mesturalo con substancias alcalinas coma o bicarbonato o zume tórnase azul.

Alucinante, verdade?



domingo, 31 de diciembre de 2023

Oooh! Que foi, crespicientífic@s!? Botades en falta un pouco de ciencia nestas datas sinaladas? Iso ten solución!

Hoxe imos despedir o ano coas nosas dúas últimas actividades de primaria e secundaria. Tomade nota, que comezamos!


1. Índice de refracción

O índice de refracción é a relación entre a velocidade da luz no baleiro coa velocidade que que ten nun medio material (n =c/v).😕

Vale! Agora en cristiano😅: Os raios de luz que saen dos obxectos sofren desviacións dependendo do material que atravesen. Non é o mesmo observar un obxecto somerxido en auga que sen ela. (Agora mellor, non?)

Con este sinxelo experimento imos poder calcular o índice de refracción na auga e, polo tanto, a velocidade da luz neste medio. Interesante, non si?

Imos precisar:

- unha moeda

- un cristalizador ou outro recipiente

- auga

- unha regra.

Precisamos un observador para ver a moeda da mesma forma, primeiro sobre auga e logo en aire. O observador debe estar o máis inmóbil posible para evitar erros. Medindo as distancias ás que son visibles a mesma moeda, podemos obter os ángulos de incidencia e refracción por trigonometría para aplicar a lei de Snell. O valor do índice de refracción do aire tomamos n =1.



Impresionante, non?😮


2. Circuitos en papel (postal con luz)

Para levar a cabo esta sinxela e bonita actividade imos necesitar:

- Unha cartolina tamaño A4 

- Pinturas (ceras, lápices, rotus... o que queirades)

- Un circuito impreso en papel

- Cinta de cobre adhesiva

- Unha luciña LED da cor que prefirades

- Unha batería de botón de 3v

- Tesoiras

- Pegamento

- Cinta adhesiva

- Cinta de dobre cara

2.1. Montar o circuito


O noso circuito debe ter DOUS PERCORRIDOS: un positivo e outro negativo, polo que empregaremos un anaco de cinta diferente para cada percorrido. Á hora de pegar a cinta no circuito é importante:

        - NON CORTAR a cinta nas esquinas do circuito; debémola dobrar.


      - Deixar un pequeno espazo entre o percorrido positivo e o negativo. Este         será o sitio onde colocaremos o noso LED, que fixaremos con cinta adhesiva          (lembrade: patiña curta ao negativo /patiña longa ao positivo)


Todo listo! Agora só falta engadir a fonte de enerxía para facelo funcionar, que será a nosa batería de botón. Esta batería ten que ir fixa nun dos extremos libres do circuito. Como nós escollemos o extremo negativo, pegamos con cinta de dobre cara o polo negativo da batería ao extremo negativo do circuito (respetade sempre as polaridades!)

Cando facemos coincidir o outro extremo do circuito coa batería a luciña acéndese (e nós aplaudimos😅, é inevitable😂)



2.2. Montar a postal

  1. Dobramos a cartolina pola metade para lle dar a forma da postal.
  2. Debuxamos na portada. Nós escollemos debuxos de nadal, como arboriñas ou paisaxes nocturnas de aldeas.
    3. Perforamos coa axuda dun punzón ou dun lapiz a parte do debuxo que              queremos que se alumee. Podemos facer, por exemplo, un pequeno buratiño         na estrela da árbore

4. Pegamos o circuito no interior da postal facendo coincidir a luciña co burato. Listo!



Va que molan!😎

Feliz ano, Crespicientífic@s!


domingo, 10 de diciembre de 2023

 

Boas, científic@s!

Na entrada de hoxe temos unha chea de actividades moi interesantes sobre a auga e o aire. Tomade nota que comezamos!

 

1.    A DENSIDADE DA AUGA

Para traballar sobre a densidade ímosvos propoñer tres sinxelísimos experimentos:

1.1. FLOTA OU NON FLOTA?

Para levar a cabo este experimento precisades:

-        - Catro vasos ou cuncas (mellor transparentes, porque facilitan a observación)

-        - Sal

-        - Bicarbonato

-        - Azucre

-      - Clips de cores, lentellas ou calquera outro pequeno obxecto para botar nos            vasos e comprobar se flota. Nós usamos os clips porque eran máis vistosos.


Para comezar rotulamos os vasos cunhas etiquetas: “auga con sal”, “auga con azucre”, “auga con bicarbonato” e por suposto, a mostra de control, na que escribiremos “auga soa”.

A continuación botamos en cada vaso a mestura que indica a etiqueta, procurando que queden as tres ben saturadas; isto é, con ben de sal, azucre ou bicarbonato. Sede xeneros@s!


Remexemos cunha culler limpa. É mellor usar unha distinta para cada vaso, pero se usades a mesma, lavádea cada vez que vaiades remexer unha nova mestura para non contaminar as mostras.


Botamos un clip en cada vaso e observamos o que sucede.

Comprobamos que os clips flotan mellor na auga con sal e na auga con bicarbonato posto que estas teñen maior densidade que a auga soa ou a auga con azucre.

 


1.2. GALAXIA DE CORES

Imos necesitar:

-        - Unha bandexa ou prato fondo (que sexa grandiño)

-         Colorante alimentario

-      - Auga

-      - Aceite

-     - Unha bandexa de xeos pequenos (nós usamos un molde de silicona para facer      bombóns e quedounos moi apañado)

En primeiro lugar prepararemos con antelación as nosas estrelas e planetas de cores. Para iso imos encher a nosa bandexa de xeos con auga engadindo en cada oco unha pinga de colorante e remexendo con coidado. Gardamos no conxelador e agardamos a que se formen os xeos de cores.


Unha vez formados os xeos, retiramos do conxelador. A continuación, vertemos no noso prato ou bandexa o aceite vexetal procurando cubrir o fondo do recipiente.

Por último, botamos dentro do aceite os nosos planetas de cores.

Observamos que, malia que se derreten, as cores non se mesturan. Isto é porque a densidade dos nosos planetas acuosos é maior que a do espazo aceitoso que os rodea, o que fai que floten por riba dese aceite sen mesturarse, por iso cada planeta conserva a súa cor aínda despois de se derreter. Chulo, non?

 

 

1.3. UN BARQUIÑO DE CASCA DE… LIMÓN😅

Pero entón… a auga é máis densa que o aceite?? Seguro!!??

Pois si! Pero se necesitades outra demostración, aí vai unha moi sinxela:

Ides necesitar:

-        Dous vasos (xa sabedes, transparentes mellor)

-        - Auga

-        Aceite

-       - Dúas cascas de limón.

Primeiro botamos un pouco aceite nun vaso e unha pouca auga no outro. Non vos pasades! Con algo menos da metade é suficiente.

A continuación collemos as cascas de limón e botamos unha en cada vaso. Observamos que a casca flota mellor na auga, en cambio no aceite queda máis afundida. Isto é porque a auga, ao ser máis densa, suxeita a casca do limón e mantena a flote.


Pero xoguemos un pouco máis. Retiramos as cascas de limón e volcamos o aceite dentro do vaso da auga. Que sucede? Malia que intentemos remexer, os líquidos non se mesturan e volven quedar sempre na mesma posición: auga abaixo, aceite arriba. O líquido menos denso sempre vai quedar a flotar por riba do máis denso; lóxico, non?

Botemos agora nese vaso unha das cascas de limón. Que vai pasar? Exacto! O limón queda a flotar no medio do vaso: por baixo do aceite e enriba da auga.


Ben, agora queda clarísimo, non? Espero que a explicación non vos resultase moi…densa!😜

 

 

2.      TENSIÓN SUPERFICIAL

“Tensión-que”?? Iso que é?

A tensión superficial explica como están “amarradas” as moléculas nas pingas de auga, formando unha especie de rede ou malla que lles dá esa forma arredondada. Podédelo comprobar facilmente con auga e alcohol. Se salpicades un poco de auga nun prato e un pouco alcohol noutro, observaredes que non prato con auga hai pingas redondiñas, mentres que no prato con alcohol o líquido queda “desparramado”.



Con esta bonita actividade que vos presentamos agora imos romper esa tensión superficial e usala para propulsar un pequeno barquiño.

Imos precisar:

-        Un caldeiro ou bandexa grande con auga

-        Hisopos de algodón (dos que usades para limpar os oídos)

-        Xabón dos pratos

-       Un pequeno barquiño de plástico. Nós construímos un propio coa pasta dun           caderno vello (o casco do barco ou a balsa), un pauciño (o mastro) e un anaco     de papel (a vela)

Botamos o noso barquiño a flotar dentro do caldeiro ou a bandexa (o noso perdeu a vela enseguida). Observamos que, salvo que sopremos ou o remexamos a auga, o barco apenas se move. A tensión superficial da auga manteno case inmóvil.



Agora collemos un hisopo e mollamos un dos extremos no xabón. Achegámolo ao noso barquiño e… tachán! O barco sae propulsado.



Ao achegar o hisopo empapado de xabón á auga estamos a romper a tensión superficial das súas moléculas e isto axuda ao noso barco a se deslizar. Va que é bonito?😍



3. CONDUCTIVIDADE

Con este experimento imos investigar que conduce mellor a electricidade: a auga doce (sen sal) ou a auga salgada?

Imos necesitar:

- Unha batería de 4,5v

- Tres cables

- Unha pequena lámpada (tamén serve un LED, pero nese caso debedes usar unha batería máis pequena ou ben colocar unha resistencia no voso circuito)

- Dúas variñas de madeira

- Cinta aillante

- Dúas cuncas de auga: unha con auga salgada e outra con auga doce (sen sal)


Para comezar, pedimos axuda a un adulto para montar o circuito coa batería, os cables e a lámpada. 


  • Primeiro debemos pelar os extremos dos cables. 
  • Collemos un dos cables e enroscamos un dos seus extremos arredor dun dos conectores da batería.
  • Co segundo cable faremos o mesmo, enroscándoo no outro conector. O extremo libre deste cable irá conectado a un dos parafusos da lámpada.
  • O terceiro cable conéctase co outro parafuso da lámpada. 
  • Ao rematar quédannos dous extremos de cable libres: un que conecta coa batería e outro que conecta coa lámpada. Se os xuntamos podemos comprobar que a lámpada acéndese. Estes extremos podémolos deixar así, pero nós, para maior comodidade e seguridade dos rapaces e rapazas, enroscámolos nas variñas de madeira e fixámolos con cinta aillante.

Xa temos preparado o circuito. Toca probalo introducindo primeiro as variñas na auga doce e despois na salgada. 

E como unha imaxe vale máis ca mil palabras, comprobade vós mesm@s o que aconteceu.

auga sen sal

auga con sal

Efectivamente, a auga salgada conduce mellor a electricidade. Isto é así porque o sal funciona coma electrolito; é decir, unha substancia que, disolta na auga, permite o paso da corrente eléctrica.


 

4.      PRESIÓN ATMOSFÉRICA. O ESPAZO DO AIRE

Pregunta:

Pódese introducir un papel nun balde de auga e retiralo totalmente seco??

Resposta:

Si! Vaivos parecer maxia, pero non é máis ca ciencia.

Imos necesitar:

-        Un vaso transparente

-        Un balde, caldeiro ou cunca ben grande, preferiblemente transparente tamén

-        Un anaco de papel

-        Auga

Comezamos enchendo o balde con auga. A continuación, facemos unha bóla co papel e introducímolo no fondo do vaso. Comprobade que, ao dar a volta ao vaso, o papel non cae.


Colocamos o vaso cara abaixo e introducímolo, sen medo, dentro do balde. Se o voso balde é transparente ides observar como o papel queda no fondo do vaso sen mollarse. Pero se non, non vos preocupedes, soamente tedes que retirar o vaso para facer a comprobación.



Moi importante: ao retirar o vaso tédelo que sacar recto, sen inclinalo.



Impresionante, non? A auga non entra dentro do vaso e non molla o papel. Pero como é posible?

Moi sinxelo. Dentro do vaso había dúas cousas: no fondo, unha bóla de papel e o resto do espazo estaba cheo de… AIRE! E como xa estaba cheo con aire, a auga non tiña sitio para poder entrar. Por iso é importante retirar o vaso sen inclinalo, porque ao facelo deixamos escapar o aire que tiña dentro e a auga cólase no interior do vaso.



5. AIRE FRÍO / AIRE QUENTE


Acabamos de comprobar como o aire ocupa un espazo. Agora pensemos: se o aire está frío ou quente, inflúe no espazo que ocupa? Ímolo comprobar.


Necesitaremos:

- Dous globos de distinta cor (nós collemos un vermello para a calor e un azul para o frío)

- Dúas botellas baleiras (perdón! cheas de aire) sen tapón

- Dúas potas, caldeiros ou baldes

- Auga ben quente

- Varias bandexas de xeos (nós usamos as bolsas de xel frío que temos na caixa de primeiros auxilios)


Para comezar encaixamos os globos nas bocas das botellas. A continuación enchemos unha das potas ou baldes coa auga ben quente e no outro pomos os xeos (podemos engadir auga fría tamén).

Por último metemos as botellas en cadanseu balde e observamos o que sucede.


Á botella do globo vermello queceulle o aire do seu interior. Isto provocou que as súas moléculas (as do aire) se expandisen cara arriba facendo que o globo se inflara un pouco.

Pola contra, na botella do globo azul o aire arrefriou e semella que fixo o mesmo ca nós cando temos frío: encolleuse! Puidemos ver como o globo quedaba en parte succionado dentro da botella.



6. PODE A AUGA FLOTAR SUSPENDIDA NO AIRE?


Ben, sexamos honestos. A auga en estado líquido non pode quedar a flotar suspendida no aire. Ten que estar en estado gasoso, como o vapor de auga que solta a pota a ferver ou mesmo o da néboa. 

Peeero… se vos digo que cun par de ingredientes podemos conseguir que a auga líquida quede a flotar no aire, que se vos ocorre?

Pois claro!! POMPAS DE XABÓN!!

Imos precisar:

- Auga

- Xabón dos pratos

- Glicerina (ingrediente secreto)

- Un soprador (nós usamos uns arames e démoslle forma)

O proceso non ten maior misterio. Mesturamos os ingredientes e a soprar!


En realidade o misterio está en como quedan a pompas a flotar no aire. Isto débese, ademáis de á axuda dos dous ingredientes, ao feito de que cando sopramos dentro da pompa estamos a introducir nela aire quente. E, como xa vimos na actividade anterior, o aire quente tende a expandirse e ir cara arriba. Por iso as pompas suben polo aire e, cando arrefrían, explotan.



FABRICACIÓN DE XABÓNS

Boas Crespocientífic@s! A clase de 4º, 5º e 6º non para! A rapazada está a recadar diñeiro para a súa excursión de fin de curso. Para iso, e...