martes, 17 de enero de 2023

 Boas tardes, científicas e científicos!

Na entrada de hoxe compartiremos con vós a nosa primeira experiencia de CIENCIA NA COCIÑA. Trátase do proceso de elaboración da marmelada. Preparados/as? Comezamos!

INGREDIENTES E MATERIAIS

- 1kg de froitas ou hortalizas 

(Nós preparamos dúas versións: a de cabaza e cenoria e a de pera e mazá...Deliciosas😋)

- 1/2kg de azucre aproximadamente

(Nós usamos un pouco menos, 400g)

- O zume dun limón (para a de froitas) ou dunha laranxa (para a de hortalizas)

- frascos de vidro coas súas tapas

- batedor (se non vos gustan os grumiños)

- pota, coitelos e culler


ELABORACIÓN

1.  Lava, pela e corta as froitas ou hortalizas en pequenos anacos.





2. Mestura na pota a froita co azucre e o zume de limón ou laranxa e deixa macerar uns minutos. En canto, pon a ferver os frascos coas súas tapas para esterilizalos (15 minutos aprox.)



3. Pon a pota ao lume e deixa cocer ata que a froita ou as hortalizas queden brandiñas. Non te esquezas de remexer de cando en cando.




4. Se o desexas, tritura co batedor para que quede a textura homoxénea.





5. Envasa en quente e tapa. 





 A CIENCIA DETRÁS DA COCIÑA


PREGUNTA: 

Por que ten a marmelada esa textura espesiña tipo xel que non aparece na froita nin nos zumes?


RESPOSTA: 

A froita contén un tipo de glúcido coñecido coma pectina. Esta substancia funciona coma un axente xelificante que reacciona  coa calor da cocción, o azucre e o ácido do limón ou a laranxa.




No hay comentarios:

Publicar un comentario