Moi boas, Crespocientíficas e Crespocientíficos!
Xa tiñamos ganas de empezar, va que si?Velaquí un pequeno agasallo para que vaiades facendo apetito de ciencia...
domingo, 29 de septiembre de 2024
tomas falsas
jueves, 20 de junio de 2024
Cromatografía
miércoles, 19 de junio de 2024
Batería de limóns
domingo, 2 de junio de 2024
Que tal, Crespocientífic@s!
Xa hai ganas de vacacións, va que si? Na entrada de hoxe traémosvos tres xoguetes feitos con materiais de refugallo cos que ides poder enredar este verán. Pero a mellor parte é que se moven soíños sen necesidade de baterías, por iso ás actividades que vos presentamos hoxe chamámolas...
MOVEMENTO VERDE
Velaí vai o primeiro dos tres xoguetes. Tomade nota:
Helicóptero de Papel
Estes son os materiais que ides precisar para elaborar o voso helicóptero de papel:
- Por un lado, a forza da gravidade, que fai descender o helicóptero- Por outro, a disposición das hélices, que opoñen unha resistencia a esa caída movendo o aire en todas as direccións e producindo a rotación do noso helicóptero.
Globo Aerostático
Se vos pareceu sinxelo o helicóptero, o que vén a continuación é aínda máis fácil.
Tomade nota dos materiais que ides precisar para elaborar o voso globo aerostático:
Usade a tesoira para facer oito cortes arredor da boca do vaso. Non apuredes os cortes ata o fondo do vaso, deixade uns centímetros libres para lle dar ao vaso a forma da cestiña.
Coa axuda do punzón ou do cutter furade o fondo do vaso. O burato que practiquedes ten que ser suficiente para deixar pasar por el a boca do globo.
Pasade a boca do globo polo burato e soprade. Cando teñades o globo cheo, NON O ATEDES, suxeitádeo coa punta dos dedos.
Agora estendede o brazo e soltade o globo para deixalo voar...
Va que é bonito!! Cando sopramos dentro do globo estamos a enchelo de aire quente, por iso ao soltalo sube. O peso da cestiña de papel axuda estabilizar o ascenso do globo, pero temos que confesar que non sempre funciona así e ás veces sube facendo eses😅
Hovercraft
E deixámosvos para o final o máis chulo dos tres. Estes son os materiais que ides necesitar para construír o voso hovercraft.
Usade a pistola de silicona para apegar o tapón no centro do CD. Deixade o tapón pechado, é dicir, coa válvula cara abaixo.
A continuación, inflade o globo e, sen atalo, encaixade a boca do globo na boca do tapón (na válvula).
Para facelo funcionar, soamente tedes que turrar da válvula cara arriba.
Va que mola😎! Xa vos dixemos que este era o máis chulo!
Cando abrimos a válvula do tapón deixamos escapar o aire que hai dentro do globo. Este aire cólase por baixo do CD formando unha especie de colchón que reduce a fricción do CD contra a superficie, favorecendo que escorregue polo chan.
Deica a próxima, Crespocientífic@s!
domingo, 12 de mayo de 2024
Moi boas, Crespocientífic@s!
Hoxe traémosvos dúas sinxelas, pero fascinantes actividades. Soamente ides necesitar materiais que de seguro xa tedes nas vosas casas.
Comezamos!
1. DESCOMPOSICIÓN QUÍMICA DO PERÓXIDO DE HIDRÓXENO
Xa sabemos o que estades a pensar😅: "Dixestes que eran sinxelas e xa nos perdemos no título!!"
Tranquil@s! Traducimos. O peróxido de hidróxeno é un composto químico de uso cotián coñecido polo seu poder branqueante e antiséptico. Exacto! falamos da auga osixenada.
Agora mellor, non? Estes son os materiais que ides necesitar:
- PERÓXIDO DE HIDRÓXENO (xa sabedes, auga osixenada😉)
- UN ANAQUIÑO DE PATACA CRÚA
- UN RECIPIENTE TRANSPARENTE
O procedemento é ben sinxelo. Enchemos o recipiente con peróxido de hidróxeno e introducimos o anaco de pataca crúa. Que sucederá?
2. DEDO EN AUGA
RESULTADO: A báscula marca un peso maior. Isto é debido a que, ao introducir o dedo na auga estamos a aplicar sobre ela unha forza (terceira lei de Newton). Esta forza coñecese coma empuxe. A báscula é sensible a esa forza de empuxe que estamos a aplicar e por iso o peso aparece modificado.
miércoles, 1 de mayo de 2024
Moi boas, Crespocientífic@s!
Tal e coma vos prometemos, na entrada de hoxe traemos un experimento para lle dar saída aos limóns que empregamos para facer a batería. Trátase dun...
TEST DE VITAMINA C
É ben sinxelo e pódese facer con materiais que, de seguro, xa tedes todos e todas nas vosas casas.
Velaquí os materiais:
Todo listo? Comezamos!
1. PREPARAMOS OS TRES FRASQUIÑOS
En cada frasquiño imos botar unha pequena mostra de cada líquido. No primeiro deles botaremos un pouco de auga e nos outros dous zume de limón e zume de laranxa respectivamente.
IMPORTANTE: Para non contaminar as probas debemos lavar ben o espremedor despois facer o zume de limón. Non queremos que o noso zume de laranxa conteña restos de limón que poidan alterar o resultado da proba.
2. BOTAMOS A SOLUCIÓN IODADA NA AUGA
Observamos que a auga queda pintada co color da solución iodada.
3. FACEMOS A PROBA CO ZUME DE LIMÓN
Botamos unhas pingas no zume e ao axitalo observamos que o zume non colle a cor da solución iodada. Seguimos a engadir pingas de iodo e imos contando cantas son necesarias para que o zume cambie de cor.
4. FACEMOS A PROBA COA LARANXA
Procedemos do mesmo xeito co zume de laranxa. Cantas pingas serán necesarias para pintar o noso zume? Máis que co limón ou menos?
domingo, 28 de abril de 2024
Que tal, Crespocientífic@s!
Na entrada de hoxe traémosvos unha actividade 🍋con limón🍋, así que ide abrindo a neveira ou baixando á horta (se tedes esa sorte de podelos coller da árbore) porque é MOI INTERESANTE!
BATERÍA CON LIMÓNS
Si, si! Lestes ben! Imos montar un circuito usando como batería o zume dos limóns - xa vos dixemos que era unha actividade moi interesante😉
Ben. Preparade os materiais. Isto é o que ides necesitar:
Comecemos!
FABRICACIÓN DE XABÓNS
Boas Crespocientífic@s! A clase de 4º, 5º e 6º non para! A rapazada está a recadar diñeiro para a súa excursión de fin de curso. Para iso, e...
-
Ola querid@s Crespicientífic@s! Este mes, xogamos coa vista e a ilusión óptica👀a través de dous experimentos moi sinxelos e divertidos! Vel...
-
Crespicientífic@s! Seguimos cos nosos experimentos terroríficos💀... Esta vez, o alumnado de 4º,5º e 6º de Primaria elaborou unha pasta d...
-
Querid@s Crespocientífic@😃 Aquí estamos de volta para un novo curso cheo de experimentos e aventuras científicas! Este curso 2025-2026 empe...

















