Boas, científicos e científicas!
Velaquí o vídeo que vos prometemos explicando o funcionamento do foguete ecolóxico.
Boas, científicas e científicos!
Como xa prometemos na última entrada, imos ensinarvos como fixemos para facer despegar un pequeno foguete caseiro empregando unicamente enerxías limpas.
Velaquí van as instrucións e os materiais do noso proxecto durante o mes de febreiro.
MATERIAIS:
- Unha botella de plástico de 1,5l ou de 2l (nós usámolas de 2l)
- Goma-eva, tesoiras e pistola de termofusión (para decorar)
- Un tapón de cortiza
- Un inflador
- Un soporte con patas e un burato para colocar a botella (nós usamos a base dunha fondue)
- Auga
PROCEDEMENTO
1. Decora o teu foguete
Retira o tapón da botella e decora o teu foguete coas láminas de goma-eva.
É importante colocar a botella cara abaixo. A punta do foguete debe estar na parte inferior da botella, para que o "tubo de escape" coincida coa boca da botella.
| De esquerda a dereita: Mariña, Aitana, Irina e Izan |
| Borja, Juana, a profe Marianne, Antonio, Brais e Álex. |
| Mar, Juan, Íker, Daniela e César Agustín |
2. Bota o combustible
Unha vez teñades decorado o voso foguete hai que lle botar o combustible. Con encher a botella con auga (si, so auga!) ata 1/3 da súa capacidade será suficiente.
3. Tapa coa cortiza e colócao na base
Atent@s! Esta é a parte delicada.
Para facelo ben, pasade primeiro a válvula do inflador por debaixo do voso soporte para que asome polo burato deste. Unha vez colocada a válvula, encaixade o tapón de cortiza na agulla e pechade a botella. Debe quedar ben hermética.
4. Bombea
Cinco... catro... tres... dous... un...
Despeguen!
| Talia preparándose para facelo despegar. |
| Juan quere mandalo ben alto e bombea con enerxía. |
| Irina a punto de facer despegar o foguete |
| Coidado, Aarón! Que salpica! |
| Tócache, Antonio! Mándao ben alto! |
| Preparada, Melanie? Dálle! |
Boas, científicos e científicas!
| Os curmáns Rubén e Yago preparan o seu batido de pasta de papel😋😜 |
| Mirade que caras de fascinación!😂 |
| Así se coloca o cadro enriba do pano. Ben feito, Juana! |
| Rubén F, Gabriel e Yago, moi orgullosos do seu traballo😎 |
| Tachán! Despois de secalo ben e recortarlle os bordes, este é o resultado. Non está mal, eh?😏 |
O mes de NOVEMBRO adicámolo á elaboración de xabón caseiro. Comezamos coa elaboración de xabón de glicerina, pois é a receita máis rápida e sinxela.
Con este proxecto pretendemos concienciar ao noso alumnado da necesidade de REDUCIR OS ENVASES DE PLÁSTICO nas nosas rutinas diarias, e elaborar o noso propio xabón é unha maneira moi doada e entretida de facelo.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes da nosa experiencia resumida nuns cantos pasos. De seguro que ides querer probalo na casa!
- 1º paso: Fundir a glicerina
Nós escollemos facelo de nunha pota a lume baixo. Pódese fundir no microondas, pero é importante vixiar que non ferva. Por iso facelo na pota pareceunos a mellor opción.
| 1º e 2º de Primaria |
| 3º e 4º de Primaria |
- 2º paso: Engadir o aroma e a cor.
Para os aromas usamos aceites esenciais, que podedes conseguir nun herbolario.
Para a cor é mellor empregar colorantes específicos para xabóns. Se empregades colorantes alimentarios o voso xabón irá perdendo a cor co uso e pódevos pintar as mans.
| A esencia en primeiro lugar (5º e 6º) |
| E a cor a continuación (2º ESO) |
| Engade á glicerina unhas flores secas ou herbas aromáticas |
| Prepara a túa propia caixiña de origami. Perfecto para regalar! |
Na derradeira semana de outubro tocoulle o turno ao grupo de 3º da ESO e ao de 5º e 6º de primaria. Desta vez, a actividade consistiu na elaboración dun anemómetro.
Aquí vos deixamos unhas imaxes da nosa experiencia.
| Reciclando materiais para elaborar o anemómetro (3ºESO) |
| Aprendendo a transformar as revolucións do aparato en km/h |
| Preparando o anemómetro (5º e 6º) |
| Probando as revolucións (5º e 6º) |
O mércores 20 de outubro visitaron o noso laboratorio os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria. Estes intrépidos científicos/as axudáronnos a elaborar os termómetros que agora temos nas nosas aulas.
Elaboramos tres distintos coa fin de determinar a sensibilidade de cada un aos cambios de temperatura.
| Equipo azul: auga e colorante |
| Equipo vermello: alcohol e colorante |
| Equipo verde: auga con alcochol e colorante |
| Probando a sensibilidade ao frío |
| Probando a sensibilidade á calor |
Boas Crespocientífic@s! A clase de 4º, 5º e 6º non para! A rapazada está a recadar diñeiro para a súa excursión de fin de curso. Para iso, e...