martes, 1 de marzo de 2022

Boas, científicas e científicos!

Como xa prometemos na última entrada, imos ensinarvos como fixemos para facer despegar un pequeno foguete caseiro empregando unicamente enerxías limpas.

Velaquí van as instrucións e os materiais do noso proxecto durante o mes de febreiro.

MATERIAIS:

- Unha botella de plástico de 1,5l ou de 2l (nós usámolas de 2l)

- Goma-eva, tesoiras e pistola de termofusión (para decorar)

- Un tapón de cortiza

- Un inflador

- Un soporte con patas e un burato para colocar a botella (nós usamos a base dunha fondue)

- Auga

PROCEDEMENTO

1. Decora o teu foguete

Retira o tapón da botella e decora o teu foguete coas láminas de goma-eva. 

É importante colocar a botella cara abaixo. A punta do foguete debe estar na parte inferior da botella, para que o "tubo de escape" coincida coa boca da botella.

De esquerda a dereita: Mariña, Aitana, Irina e Izan

Borja, Juana, a profe Marianne, Antonio, Brais e Álex.

Mar, Juan, Íker, Daniela e César Agustín

2. Bota o combustible

Unha vez teñades decorado o voso foguete hai que lle botar o combustible. Con encher a botella con auga (si, so auga!) ata 1/3 da súa capacidade será suficiente.

3. Tapa coa cortiza e colócao na base

Atent@s! Esta é a parte delicada. 

Para facelo ben, pasade primeiro a válvula do inflador por debaixo do voso soporte para que asome polo burato deste. Unha vez colocada a válvula, encaixade o tapón de cortiza na agulla e pechade a botella. Debe quedar ben hermética.



4. Bombea

Cinco... catro... tres... dous... un...

Despeguen!


Talia preparándose para facelo despegar.

Juan quere mandalo ben alto e bombea con enerxía.

O lanzamento de Borja deixouno enchoupado, pobre😅


Irina a punto de facer despegar o foguete

Coidado, Aarón! Que salpica!

Tócache, Antonio! Mándao ben alto!

Preparada, Melanie? Dálle!



😱PERO, COMO É POSIBLE??😱

Cando bombeamos o aire dentro do foguete, este aire comeza a exercer sobre a auga unha presión que vai aumentando a medida que bombeamos. Esta presión expándese por toda a botella ata que rompe polo punto máis débil: a cortiza.

Cando isto sucede, a auga "escapa disparada" contra o chan (xa vistes como empapamos o patio🙈 ), producindo un efecto contrario no noso foguete, que "escapa disparado" cara o ceo.

Xa o dicía Newton na súa terceira lei: 

Se un corpo A exerce unha presión sobre outro corpo B, este realiza sobre A outra acción igual e de sentido contrario.

Que foi? Non entendestes nada? 
Vale, non vos preocupedes. Na seguinte entrada subiremos un vídeo das doutoras Noa e Candela, de 6º de primaria, explicándovos o que sucede dentro do foguete e vaivos quedar clarísimo👌





domingo, 6 de febrero de 2022

Boas, científicos e científicas!

Logo do parón do mes de decembro, arrincamos o novo ano preparando un obradoiro de reciclaxe de papel. Deste xeito, demos unha nova vida a toda esa cantidade de papel que se xunta nun aula ao longo do curso.
 
Queredes ver que tal se nos deu? Aquí vos deixamos unhas imaxes e as instrucións detalladas para que vos animedes a facelo na casa.

Estes son os MATERIAIS que ides precisar:

- papel usado
- tesoiras
- xerra
- coador grande
- batedor
- un balde grande
- un cadro de malla
- panos de algodón
- esponxa
- colorante (opcional)
- e auga, moita auga!

1. Cortar o papel en pequenos anaquiños.

Para nos aforrar traballo, nós pasámolo primeiro pola trituradora de Secretaría (grazas, Pili!😍) e despois cortamos as tiras en anaquiños. 

Ainara e César moi concentrados na tarefa😄

2. Pór o papel a remollo.

Unha vez teñades o papel en anaquiños, collede unha presada e botádeo nunha xerra con bastante auga. Deixádeo a remollo polo menos unha hora.

Así, como o fai Adriana😊

3. Cambiarlle a auga.

Logo dun rato, a auga da vosa xerra quedará tinguida dunha cor moi pouco atractiva. Como non queremos o noso papel desa cor, cambiamos a auga coa axuda dun coador.

Aquí temos a Juan co coador... Talia non o ve moi claro😅


4. Engadir máis auga e triturar co batedor.

Como xa apuntamos antes, para reciclar o papel precisamos moooita auga. Antes de verter o voso papel mollado no batedor, asegurádevos de que na proporción auga-papel haxa máis auga que papel. Isto evitaravos dúas cousas: que queimedes o voso batedor, e que a vosa pasta quede demasiado espesa. Canto máis fina e diluída a pasta, máis fino resultará o noso papel.

Que ben o fai Daniela!😊


Os curmáns Rubén e Yago preparan o seu batido de pasta de papel😋😜

Mirade que caras de fascinación!😂


5. Botar a mestura no balde e engadir o colorante.

Como a nosa pasta de papel tiña unha cor gris/rosada, engadímoslle colorante vermello para lle dar unha cor máis definida. 

Sen medo, Leandro! Bota bastante!😉

6. Introducir o cadro de malla no balde.

O cadro de malla ten dúas caras. Nunha delas o borde de madeira é máis groso que na outra. Debedes introducir o cadro con este lado cara abaixo. 



Así, como o fai César!


7. Sacar o cadro e pousalo cara abaixo sobre o pano de algodón.


Candela, moi concentrada, sacando o seu papel.


Mirade que fina a folla de Brais!

Así se coloca o cadro enriba do pano. Ben feito, Juana!


8. Retirar a humidade sobrante coa esponxa e separar o cadro con moito  coidado.

A parte de retirar o cadro de malla é a máis delicada. Se non o facedes con coidado, a folla pódevos romper.

Larissa afánase en absorber a humidade sobrante😊


Veña! Deixade de discutir pola esponxa e posade para a foto!😅
Aitana (coa esponxa), Juana, Izan e Brais.


E así se retira o cadro! Bastante ben para un primeiro intento👌
Borja e Brais non perden detalle do traballo de Juana.


9. Deixar secar e repetir o proceso tantas veces como follas querades preparar.




Rubén F, Gabriel e Yago, moi orgullosos do seu traballo😎


Tachán! Despois de secalo ben e recortarlle os bordes,
este é o resultado. Non está mal, eh?😏




NON PERDADES A PRÓXIMA ENTRADA! LANZAREMOS UN PEQUENO FOGUETE CASEIRO EMPREGANDO ENERXÍAS LIMPAS!





miércoles, 8 de diciembre de 2021

 O mes de NOVEMBRO adicámolo á elaboración de xabón caseiro. Comezamos coa elaboración de xabón de glicerina, pois é a receita máis rápida e sinxela.

Con este proxecto pretendemos concienciar ao noso alumnado da necesidade de REDUCIR OS ENVASES DE PLÁSTICO nas nosas rutinas diarias, e elaborar o noso propio xabón é unha maneira moi doada e entretida de facelo.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes da nosa experiencia resumida nuns cantos pasos. De seguro que ides querer probalo na casa!

                                               - 1º paso: Fundir a glicerina 

Nós escollemos facelo de nunha pota a lume baixo. Pódese fundir no microondas, pero é importante vixiar que non ferva. Por iso facelo na pota pareceunos a mellor opción.


1º e 2º de Primaria
3º e 4º de Primaria

- 2º paso: Engadir o aroma e a cor. 

Para os aromas usamos aceites esenciais, que podedes conseguir nun herbolario. 

Para a cor é mellor empregar colorantes específicos para xabóns. Se empregades colorantes alimentarios o voso xabón irá perdendo a cor co uso e pódevos pintar as mans.


A esencia en primeiro lugar (5º e 6º)

E a cor a continuación (2º ESO)

                                - 3º paso: Verter nos moldes. 

E esperar! Esta foi a parte máis complicada para os nenos e nenas. Parece que solidifica aos poucos minutos, pero é porque o fai de fóra a adentro. Haino que deixar mínimo media hora para se asegurar de que está feito.


1º e 2º: Boh! Esperar é un rollo!

Queres darlle un toque aínda máis persoal? 
Proba estas suxestións:


Engade á glicerina unhas flores secas
ou herbas aromáticas

Prepara a túa propia caixiña de origami. 
Perfecto para regalar!

martes, 23 de noviembre de 2021

 Na derradeira semana de outubro tocoulle o turno ao grupo de 3º da ESO e ao de 5º e 6º de primaria. Desta vez, a actividade consistiu na elaboración dun anemómetro.

Aquí vos deixamos unhas imaxes da nosa experiencia.

Reciclando materiais para elaborar o anemómetro (3ºESO)

Aprendendo a transformar as revolucións do aparato en km/h


         
Preparando o anemómetro (5º e 6º)

Probando as revolucións (5º e 6º)

Calculando a velocidade (5º e 6º)




martes, 2 de noviembre de 2021

O mércores 20 de outubro visitaron o noso laboratorio os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria. Estes intrépidos científicos/as axudáronnos a elaborar os termómetros que agora temos nas nosas aulas.

Elaboramos tres distintos coa fin de determinar a sensibilidade de cada un aos cambios de temperatura.

Equipo azul: auga e colorante


Equipo vermello: alcohol e colorante


Equipo verde: auga con alcochol e colorante


Probando a sensibilidade ao frío


Probando a sensibilidade á calor

Os nosos científicos e científicas quedaron asombrados da alta sensibilidade dos seus termómetros.

O pasado mércores, 13 de outubro, os nosos pequenos científicos e científicas de 1º e 2º de primaria inauguraron o Club de Ciencias para elaborar un pluviómetro.

Aquí vos deixamos algunha foto da actividade.







FABRICACIÓN DE XABÓNS

Boas Crespocientífic@s! A clase de 4º, 5º e 6º non para! A rapazada está a recadar diñeiro para a súa excursión de fin de curso. Para iso, e...