viernes, 19 de diciembre de 2025

O Club de Ciencias prepara o Nadal🎅

 Moi boas Crespocientífic@s!😀

As festas de fin de ano están a chegar e dende o Club de Ciencias decidimos preparar unhas pequenas candeas perfumadas e de cores tan características desta época do ano!🎄

Para iso, utilizamos:

  • Cera de soia ecolóxica (non contén parafina para evitar substancias tóxicas ao quemarse).
  • Mechas de algodón.
  • Botes con deseños navideños.
  • Esencias naturais (lavanda, menta, romeu, laranxa, etc.).
  • Colorantes para candeas.
O proceso foi moi sinxelo:
  • Quentamos a cera nun cazo (coa supervisión dun adulto👀).
  • Engadimos o colorante e a esencia natural.
  • Colocamos as mechas nos botes (suxeitámolas cunha pinga de silicona).
  • Vertemos delicadamente (tamén coa axuda dun adulto👀) a cera nos botes, esperamos a que arrefríen as candeas e LISTO!

Foi unha maneira moi divertida de preparar o Nadal 

e unha vez máis, pasámolo xenial!

FELICES FESTAS A TODOS!🎉

No hay comentarios:

Publicar un comentario