viernes, 28 de noviembre de 2025

Ola querid@s Crespicientífic@s!

Este mes, xogamos coa vista e a ilusión óptica👀a través de dous experimentos moi sinxelos e divertidos! Velaquí as explicacións do primeiro:

- enrola un folio como se fora un anteollos🔭

- mira cun ollo a través do tubo

- mantén pechado o ollo contrario

- coloca a outra man preto do extremo do anteollos

- agora abre os dous ollo.

QUE VES?

SIIIIII, UN BURATO NA TÚA MAN!!!

PARECE MAXIA, NON É?😀


EXPLICACIÓN CIENTÍFICA👇

Está claro que vemos polo dous ollos. Neste experimento, o noso cerebro combina as dúas imaxes para crear outra tridimensional única que nos permite percibir a profundidade e a distancia. Este fenómeno chámase rivalidade binocular!




O segundo experimento resultou moi divertido pero acabamos todos un pouco mareados! 😦Consistiu en intentar escribir mirando a libreta e o boli por un espello que pegamos nunha viseira. Experimentamos deste xeito o que se chama escritura en espello. Intentamos escribir o noso nome ou seguir un labirinto... Un verdadeiro desafío! A nosa man quere ir á dereita e non podía...

DEFINITIVAMENTE O CEREBRO ENGÁNANOS
PERO CON DIVERSIÓN GARANTIZADA!!!










No hay comentarios:

Publicar un comentario