viernes, 28 de noviembre de 2025

Ola querid@s Crespicientífic@s!

Este mes, xogamos coa vista e a ilusión óptica👀a través de dous experimentos moi sinxelos e divertidos! Velaquí as explicacións do primeiro:

- enrola un folio como se fora un anteollos🔭

- mira cun ollo a través do tubo

- mantén pechado o ollo contrario

- coloca a outra man preto do extremo do anteollos

- agora abre os dous ollo.

QUE VES?

SIIIIII, UN BURATO NA TÚA MAN!!!

PARECE MAXIA, NON É?😀


EXPLICACIÓN CIENTÍFICA👇

Está claro que vemos polo dous ollos. Neste experimento, o noso cerebro combina as dúas imaxes para crear outra tridimensional única que nos permite percibir a profundidade e a distancia. Este fenómeno chámase rivalidade binocular!




O segundo experimento resultou moi divertido pero acabamos todos un pouco mareados! 😦Consistiu en intentar escribir mirando a libreta e o boli por un espello que pegamos nunha viseira. Experimentamos deste xeito o que se chama escritura en espello. Intentamos escribir o noso nome ou seguir un labirinto... Un verdadeiro desafío! A nosa man quere ir á dereita e non podía...

DEFINITIVAMENTE O CEREBRO ENGÁNANOS
PERO CON DIVERSIÓN GARANTIZADA!!!










miércoles, 19 de noviembre de 2025

 

🌿 Club de Ciencias: Descubrindo as cores ocultas das follas de outono 🍁

Esta semana, no Club de Ciencias, fixemos unha actividade moi especial: realizamos cromatografías de follas de outono para descubrir que cores se agochan detrás do verde que vemos durante o verán.


Recollemos follas verdes, amarelas e vermellas, e empregamos papel de filtro e alcol etílico para extraer os pigmentos. Pouco a pouco, a cor subiu polo papel e fomos observando as distintas franxas de pigmentos: primeiro a clorofila, responsable do verde intenso das follas, e máis arriba os carotenos e xantofilas, os pigmentos amarelos e alaranxados que aparecen cando a clorofila se degrada co paso do tempo.




Así comprobamos como, cando chega o outono e diminúe a luz solar, as plantas reducen a produción de clorofila e deixan ver as cores que sempre estiveron aí, pero agochadas.

Foi unha sesión chea de cor, ciencia e curiosidade, na que aprendemos que a natureza é tamén unha gran química


sábado, 1 de noviembre de 2025

 Crespicientífic@s! 

Seguimos cos nosos experimentos terroríficos💀... Esta vez, o alumnado de 4º,5º e 6º de Primaria elaborou unha pasta de dientes de elefante! O resultado foi "explosivo"! Mirade...



Pero que estiveron a facer os nosos Crespicientífic@s??? 
Aquí tedes a "receita":








Ola querid@s Crespicientífic@s! Este mes, xogamos coa vista e a ilusión óptica👀a través de dous experimentos moi sinxelos e divertidos! Vel...