miércoles, 1 de noviembre de 2023

 Ola de novo, científicas e científicos!!

 Estamos de volta!!

 Este curso comezamos o noso proxecto falando do magnetismo, aproveitando   que na materia de Ciencias estivemos a traballar  "A Terra e os planetas".

Pero, por que? Cal é a relación entre o magnetismo e os planetas? Moi sinxelo: o noso planeta é un imán xigantesco, co seu núcleo de ferro fundido, os seus dous polos Norte e Sur e, sobre todo, os seus campos magnéticos tan necesarios para nos orientar. Pero sobre isto último falaremos máis adiante.



Comecemos polo principio: Que materiais atraen os imáns? Os científicos e científicas do CPI de Padrenda estivemos a investigar.




  E chegamos á conclusión de que non todos os metais son atraídos polo imán. Os    metais magnéticos redúcense a tres: ferro, níquel e cobalto.


  A continuación, xogamos coas forzas de atracción e repulsión entre imáns.   Aproveitamos a forza de repulsión para realizar unha carreira de coches         teledirixidos. Divertidísimo!!





 E volvendo sobre o tema dos campos magnéticos e a orientación, outra das      actividades interesantes que realizamos foi a elaboración dun compás caseiro. Soamente precisamos unha agulla magnetizada, un anaco de cortiza e unha cunca grande con auga. 





  Para rematar, fabricamos o noso propio slime magnético. É moi sinxelo. Soamente necesitades un pouco de plastilina e limaduras de ferro. Nós usamos pasta de sal e limaduras de ferro e tamén funciona.





Deica a próxima, científic@s!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario