Boas, científicas e científicos!
Na entrada de hoxe imos deixarvos algunhas imaxes e vídeos sobre as nosas primeiras experiencias na programación empregando a praca "makey-makey". Divertidísimo!
 |
Familiarizándonos coa estrutura do programa |
 |
Facendo as conexións do noso teclado
 | Xogando coa conductividade de distintos elementos
|
😂😂Prometemos que ningunha nena nin neno resultou ferido durante a actividade!😂 Pero si que o pasaron en grande!
Se vós tamén queredes xogar nas vosas casas estes son os materiais que ides necesitar:
- Unha praca "makey-makey" (ten un custo aproximado de 20 euros e adoita vir xa coas pinzas de crocodilo para facer as conexións)
- Un ordenador co programa Scratch
Nós empregamos tamén un altavoz con bluetooth para amplificar o son, pero realmente, non é necesario.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario