jueves, 26 de febrero de 2026

 Moi boas, Crespocientífic@s,

Os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º de Primaria estiveron moi atentos ás consignas para elaborar as súas pequenas botellas sensoriais mesturando unha solución de aceite de almendra con gotiñas de leite coloreada.

E para aumentar o efecto relaxante do experimento, engadiron un chisco de purpurina e algunhas contas de cores. Un espectáculo de cores e formas cambiantes!

Velaquí as instrucións ! Xa veredes que doado é!😀










jueves, 5 de febrero de 2026

 Boas Crespicientífic@s!😎

Esta semana, os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º de Primaria estiveron comprobando o fenómeno da capilaridade cun experimento cheo de cores! 

Velaquí a explicación do proceso:







O CLUB DE CIENCIAS DE PADRENDA NON PARA...

O venres 30 e sábado 31 de xaneiro de 2026, o profesorado do noso Club de Ciencias asistiu a unha formación no CEFORE de Ourense. Alí, realizamos varios experimentos super divertidos que levaremos na práctica durante as próximas sesións do Club de Ciencias co noso alumnado! 

Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos experimentando con plastilina condutiva, con circuítos electrónicos ou montando unha nave espacial que propulsamos polo aire!


CREAMOS UN MINI ROBOT!

  Moi boas Crespocientífic@s! Este mes, montamos un sinxelo circuíto eléctrico cuxo resultado foi un "robot-pintor"  moiiiiii dive...