Moi boas, Crespocientífi@s!
Hoxe os máis pequenos e pequenas do cole tráenvos unha actividade moi sinxela para que xoguedes na casa aos detectives.
Estades preparad@s? Comecemos!!
Velaquí unhas imaxes d@s nos@s pequen@s detectives: 😍
A CIENCIA DETRÁS DO XOGO
Como xa aprendemos no curso anterior, tanto a lombarda, coma a remolacha, coma os arandos, conteñen uns pigmentos chamados ANTOCIANINAS.
Estes pigmentos son altamente sensibles ao grao de acidez das substancias coas entran en contacto, por iso ao mesturarse co limón (moi ácido) ou co bicarbonato (moi alcalino), estas antocianinas revélannos a mensaxe que ocultamos coa tinta invisible.
Chulo, va que si?😎
No hay comentarios:
Publicar un comentario