Boas, científicas e científicos!
Na entrada de hoxe comentaremos brevemente as actividades desenvoltas durante o mes de marzo.
Comecemos!
ACTIVIDADE 1: Disección de flores
Para levar a cabo esta actividade dotamos aos nosos científicos e científicas dos seguintes materiais:
- pinzas
- cartolinas
- cinta adhesiva
- lupas dixitais
- flores naturais (nós usamos tulipáns e lirios)
Antes de comezar coa disección, demos un repasiño ás partes da flor.
 |
Rubén F. e Santi xa o teñen estudiado👌 |
Unha vez resoltas as dúbidas, puxemos mans á obra. |
Mirade os peques que curriños e que concentrados!😍 Aquí vemos a Mar, Ainara, Adriana, Juan e Íker.
|
 |
Daniela atopou o pistilo👏👏 |
 |
Juana e Brais moi concentrados |
Antes de plasmar a disección nas cartolinas, observamos as distintas partes nas lupas dixitais.
 |
María vai observar o talo |
 |
A profe Marianne axudando a Rubén V. a colocar a folla para observala mellor. |
 |
Mar colocando o pistilo para observalo na lupa dixital
Unha vez estudiadas as distintas partes da flor, procedemos a plasmar nas cartolinas os traballos de disección.
 | Íker súperconcentrado |
 | Aquí temos a Iván preparando a súa composición
 | Unhas orientacións da profe Marianne para que a disección do lirio de Rubén V e Leandro luza do máis artística.
|
E velaquí os resultados! Mirade que ben traballaron os nosos científicos e científicas😍
|
|
 |
A disección de Mariña e María |
 |
O tulipán vermello de Brais e Juana |
 |
Antonio posa con Marianne. escolleron un caravel branco. |
 |
Gabriela e Aroa traballaron co lirio |
 |
Kathy amósanos o seu traballo co lirio branco. |
 |
A disección do tulipán rosa de Talia e Daniela
|
ACTIVIDADE 2: Circuitos eléctricos
O obxectivo desta actividade era familiarizar ás nenas e nenos cos elementos básicos dun circuito eléctrico.
Para desenvolver esta actividade valémonos tanto de pequenos kits de aprendizaxe con lanterna e/ou vibrador (dispoñibles en tendas de electrónica), coma de xogos especificamente ideados para este fin.
Velaquí unhas imaxes de como se divertiron as nosas científicas e científicos con esta actividade.
 |
Mar, Ainara e Juan traballan nos seus circuitos coas orientacións da profe Marianne. |
 |
Antonio, Aitana e Ainhoa pasárono en grande |
 |
Adriana, César, Talia e Daniela escoitan moi atentos as explicacións |
 |
Adriana e César montan o seu primeiro circuito
|
 |
Xoel e Rubén F. traballando no circuito dos sons |
 |
Mariña, María, Brais e Juana experimentando |
 |
Noa e Candela "aluzinadas"😂😂
|
E ata aquí por hoxe! Máis experimentos na próxima entrada
Adeus!👋👋
No hay comentarios:
Publicar un comentario